Skip to Content

Novas

Simulacro de evacuación do centro

Hoxe, venres 3 de novembro, tivo lugar no noso centro un simulacro de evacuación segundo as directrices do plan de autoprotección.

Ás 10 h soaron as alarmas de incendio e alumnado, profesorado e persoal non docente seguiron de xeito moi satisfactorio as instrucións establecidas e a evacuación realizouse no tempo previsto. Unha persoa do centro foi designada a chou para interpretar o papel de ferida e seren rescatada polo corpo de bombeiros.

Grazas á excelente participación de toda a comunidade educativa presente no centro e dos servizos de rescate mobilizados, o simulacro foi un éxito!

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Simulacro_Evacuación

Feliz Nadal 2020

Boleto gañador do sorteo da cesta de Nadal

Este é o boleto agraciado coa cesta de Nadal deste ano. De non presentarse gañador/a a reclamar o seu premio en 48 h, realizarase un novo sorteo do vinteiro 17 de decembro ás 10 h.

Cesta Nadal 2019

Presentamos a cesta de Nadal, doazón da empresa de catering Antonio Gallego Cid SL, que se sorteará o vindeiro venres entre as rifas vendidas polo alumnado de 6º de Primaria para finnciar a excursión a Cantabria.

O simulacro de evacuación do 15

O pasado día 15 de novembro tivo lugar no noso colexio un simulacro de evacuación dentro do Plan de Protección para avaliar e detectar problemas no propio plan ante a resposta a unha posible emerxencia que implique a saída rápida e ordenada de todo o persoal do centro.

Ao final, os bombeiros do Concello de Ourense quixeron posar co alumnado para ter un recordo da actividade. Estas son algunhas das fotos..

O álbum elixido (aid = 181) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Visita da Conselleira de Educación

Hoxe estivo connosco a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Visitou distintas dependencias do centro, cambiou impresións co profesorado e alumnado e anunciou unha obra de rehabilitación integral que o seu departamento ten previsto realizar.

Máis información, nesta páxina de Consellería de Educación.

Xornada de portas abertas - Educación Infantil

A xornada de portas abertas para nais/pais de alumnado de 3 anos (novo ingreso) será o vindeiro 22 de febreiro de 2018 ás 16:00 h.

 

Entrega da cesta de Nadal

Esta tarde tivo lugar no vestíbulo de colexio a entrega da cesta de Nadal á familia que posuía o número gañador. Desexámoslle un Bo Nadal.

Tamén queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que mercaron rifas para axudar ao alumnado de sexto a facer realidade a súa viaxe de fin de curso.

Número premiado no sorteo da cesta de Nadal

Hoxe, ás dez da mañá, no vestíbulo de centro, tivo lugar o sorteo da cesta de Nadal.

Este é o número premiado. En caso de non presentarse a persoa agraciada co premio, sortearase de novo o vindeiro mércores.

Aquí tedes as fotografías do proceso. Un alumno de Infantil encargouse de coller a papeleta co número premiado en presenza de tres alumnos de sexto que garantiron o proceso.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut