Skip to Content

A nosa biblioteca

NOVIDADES BIBLIO

8M DÍA DA MULLER

"A invisibilidade social da experiencia das mulleres non é <<un fracaso da comunicación humana>>. Trátase dun sesgo tramado a nivel social que persistiu moito despois de que a información acerca da experiencia feminina estea dispoñible (e a favor da cal mesmo se insistiu publicamente)."
 
Russ,J. (2019). Cómo acabar con la escritura de las mujeres. Barret & Dos Bigotes
 
Día Internacional da Muller 2023 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", facendo un chamamento aos gobernos, aos movementos activistas e ao sector privado para acelerar os seus esforzos por conseguir un mundo dixital máis seguro, máis inclusivo e máis equitativo. Nun momento no que nos enfrontamos a múltiples crises globais, temos a posibilidade de crear un futuro mellor, non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.
(Da páxina de bibliotecas escolares de Galicia, https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/)
 
 
En relación ao 8M e ao PDI A NOSA CONTORNA, visítanos Marta Míguez que participou nos xogos olímpicos de Sidney 2000

 

23F día de Rosalía de Castro

Este curso, para conmemorar o día de Rosalía 2023,o EDL propón decorar as árbores da Rúa Rosalía de Castro(a que está en fronte do noso cole).
Os grupos de educación primaria realizaráncadenetaselaboradas con tiras de papel decorese versos de Rosalía.
En educación infantil imos colorear a cara de Rosalía de Castro (a ilustración de Pepe Carreiro). Unha vez coloreadas pegaremos unha imaxe a outra polas solapas para realizar un
“acordeón” de imaxes de Rosalía que despois quedará penduradodasárbores.

 ASÍ QUEDARON AS ÁRBORES DE ENGALANADAS

11F: DÍA INTERNACIÓNAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

 No ano 2015, aONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

Podedes acceder a máis información, na páxina da asesoría de bibliotecas escolares.

Reunión do club de lectura

30 de xaneiro, DIA DA ILUSTRACIÓN

 

SE QUEREDES SABER MÁIS, PODEDES CONSULTAR A PÁXINA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

DÍA DA PAZ

Esta é a selección de fondos da nosa biblio para o traballo da paz e do tema específico dos refuxiados que estamos a tratar nas aulas.

Novidades

Os expositores están cheíños de novidades.

Agardamos que vos gusten!!

Planificación do club de lectura

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

     Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este tempo de Nadal 2022. Podedes atopar todos os títulos na biblioteca do centro na sección de novidades.

 


     Esperamos que sexan do voso agrado.
Distribuir contido


by Dr. Radut