Skip to Content

ACTIVIDADES RECOMENDADAS DENDE ED. MUSICAL PARA PASAR ESTES DÍAS O MÁIS AMENOS POSIBLES XOGANDO COA MÚSICA!!

Hola familias!!

Como ben sabedes tod@s, estamos a pasar unha situación delicada que aínda non sabemos moi ben o tempo que durará. Dende a área de música quero facervos chegar unha serie de recomendacións, ideas ou actividades relacionadas coa música para que esas semanas se fagan o máis amenas posibles e qué mellor maneira que facelo xogando coa música:

- Escoitar música cos vosos fillos e fillas. Calquera tipo de música, dende cancións infantís, populares, clásica, modernas,.... hai tempo para todo tipo e é recomendable escoitar todo tipo de música.

- Ao mesmo tempo que escoitamos música podemos cantar as cancións (si sabemos a letra) ou incluso improvisala, xa que é un modo de traballar a acentuación das palabras coa acentuación musical.

- Tamén é moi recomendable bailar ao ritmo da música ou simplemente moverse ao ritmo das cancións. Podemos incluso marcar o ritmo con calquera tipo e instrumento de percusión que teñamos pola casa, ou con percusión corporal (palmas, pés, ...), ou tamén con calquera obxecto co cal poidamos facer música.

- Outro punto interesante sería a dramatización de cancións ou contos musicados, acompañando a música con movementos asociados á letra da canción ou interpretando os contos cos distintos personaxes onde poden participar todos os membros da familia.

- Por último tamén é un bo xeito de pasar estes días creando os nosos propios instrumentos con materiais de refugallo (tambores, maracas, ...). Existen moitos titoriais en youtube de cómo facelos, pero tamén sería interesante usar a creatividade dos nenos e nenas e discurrir eles/as mesmos/as os seus instrumentos. Se alguén se anima pode traer os instrumentos creados cando se retomen as clases e explicarnos o que fixo e cómo o fixo.

Seguirei poñendo cousiñas ou enlaces de cousas interesantes que poidamos facer durante este tempo.

Moito ánimo a tod@s!! E recordar que a música sempre nos fai a vida un pouquiño máis agradable!!

Un saúdo!



blog | by Dr. Radut