Formación de Profesorado en Viena (Austria)

Ao noso centro escolar brindóuselle a posibilidade de participar na última formación no estranxeiro  en Viena, entrando a formar parte do Proxecto WINK. 

Formación de profesorado en Lisboa

Seguimos traballando para estar mellor preparados e para internacionalizar o noso centro escolar.

Dous mestres do noso CEIP asistimos a unha formación en Programas Erasmus +

Durante unha semana, e dende o domingo 26 de setembro ata o sábado 2 de outubro de 2021 asistimos á mobilidade KA1 en Lisboa, dous profesores do noso centro.

No link que se amosa a continuación poderedes ver algúns dos momentos de cada día da semana.

Caso Positivo Covid 19

Estimadas Familias 

Temos un caso positivo de Covid 19, xa temos feita a comunicación ao Sergas dos nen@s que son contactos estreitos. 

Pedímosvos que coidedes as interaccións sociais e sentidiño.

O equipo docente.

#ColeEntrecienmil

O venres 22 de outubro o Ceip Mestre Pastor Barral participará nunha nova edición da Carreira Solidaria contra a leucemia infantil.

Este ano, por mor da covid 19, e seguindo as directrices do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid 19 non podemos facer carreira, porque non se poden misturar cursos. Así que decidimos facer Camiñada solidaria. A comunidade educativa do Ceip Mestre Pastor Barral estades convidados a participar.

#ColeEntrecienmil

PLAN DE ADAPATACIÓ AO CONTEXTO DA COVID - 19 PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias

Aquí tedes todos os documentos relacionados coa Covid- 19

HISTORIAIS ACADÉMICOS

Dende hoxe e ata o día 7 de xullo, podedes vir recoller os historiais académicos dos alumnos de 6º de Educación Primaria en horario de 10:00 a 13:00.

Un saúdo

LISTA DE LIBROS CURSO 2021-22

 Lista de libros 2021-22.

 

 

LISTAXES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa podedes acceder ás listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de texto para o vindeiro curso 2021-22 todas familias que posuades Chave 365, seguindo:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/,  unha vez logueados, atoparedes a resolución na carpeta de Cidadán.

Coñecendo o CARRO GALEGO con 6º

O alumnado de 6º despídese do colexio Mestre Pastor Barral cun vídeo realizado tendo ao carro como protagonista. Agardamos que vos guste e que vos sirva para coñecer un pouco máis ao carro. Graciñas e ... ata sempre!!

O CARRO no noso colexio.

Dende o EDLG queixemos rematar este curso 2020-2021 rendendo unha homenaxe ao CARRO GALEGO que tan importante foi hai anos nas vidas das nosas familias. Coñecémolo mellor grazas á colaboración de Pepe Cabanas, gran amante dos carros.

Powered by Drupal - Design by artinet