Día de Rosalía
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía de Castro, celebrando o aniversario do seu nacemento. Rosalía é unha das máis notables figuras da cultura galega, unha das mellores escritoras da historia da literatura de Galicia e España. É por iso, que o noso cole non puido pasar por alto este día!!!
DIA DE ROSALIA
Neste curso, 2018-19, o 24 de febreiro, como de costume, celebramos o día adicado a unha das nosas grandes escritoras, Rosalía de Castro, con diversas actividades.
Nunha delas, algúns cursos escribiron un poema que logo recitaron para todo o colexio ese día. Os distintos poemas foron expostos nun mural na entrada do cole. Velaquí unha foto do mesmo.
DÍA DE ROSALÍA
No noso centro celebramos o día de Rosalía, deixámosvos un vídeo e unhas fotos co traballo realizado polo noso alumnado.