Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller
25 N
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, todo o alumnado xunto cos seus mestres e mestras participamos en diferentes actividades, talleres e contacontos de igualdade, rematando coa gravación do lipdub da canción “La puerta violeta” de Rozalén.
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O venres 23 de novembro cantamos todos os nenos, nenas, mestres e mestras ben forte a canción "La puerta violeta" de Rozalén, todo un himno contra as agresións machistas.
Deixámosvos o seu videoclip e karaoke para que cantedes con nós, así como un vídeo que recolle todo o que traballamos para este día.