Benvida

A nosa benvida ao CEIP Mestre Pastor Barral

Imaxe do CEIP Mestre Pastor Barral

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O pasado martes o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria participaron nos obradoiros "O sabor da Aventura está no mar"

CORREMELIDE

O pasado venres, 31 de maio, celebrouse o Corremelide. Deixámosvos un video coa chegada a meta dos participantes e unha foto dos gañadores nas diferentes categorías. Noraboa!

 

 

 

VIAXE A SEGOVIA

Os días 27,28 e 29 de maio o alumnado de sexto de primaria realizou a  viaxe de fin de Primaria a Segovia. Pasárono moi ben, deixámosvos unhas fotos coas actividades realizadas. 

 

OS MAIOS

 O pasado 14 de maio celebramos no colexio a Festa dos Maios, unha festa popular de orixes ancestrais que xa festexaban os celtas.

A festividade celta marcaba o inicio do verán. Hoxe en día, con esta celebración damos a benvida á primavera e adóitase facer a comezos do mes de maio. Consiste en realizar diferentes bailes, cancións e representacións ao redor dunha árbore ou escultura chamada maio. 

FROITA CON BEE-BOT

Na aula de AL , os nenos fixeron un xogo de adiviñas  sobre as froitas para empregrar o robot. Eles fixeron as adiviñas e pintaron as respostas nunha lámina. Agora solo teñen que ler a adiviña e conducir o Bee-Bot a resposta correcta. Como nos gustou!

VISITA POR MELIDE

O pasado luns, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitaron o casco antigo de Melide. Visitaron algúns dos establecementos, como a librería, a panadería e a pastelería de doces tradicionais da vila. Para rematar a visita subiron ata O Castelo, no que aproveitaron para merendar, xogar un anaco, e sacar unhas fotiños. Que ben o pasamos!

FRUIT PHOTOCALL

THIS IS OUR FRUIT PHOTOCALL FOR THE "FRUIT WEEK"

FROITA NA ESCOLA

A partir do vindeiro Luns e durante 15 días teremos froita no cole! 

VISITA ASANOG

Este luns os nenos e nenas  de Educación Primaria tiveron a visita da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (ASANOG). 

Powered by Drupal - Design by artinet