Para o día do Medio Ambiente, o 5 de Xuño, decidimos crear un mural representando a illa de plástico situada no Océano Atlántico. A maiores, o alumnado de 5º fixo un traballo de investigación e presentou solucións que xa existen grazas a inventores xeniais. Tamén se fixo unha reflexión acerca do que nós podemos facer para reducir a contaminación do plástico.