A nosa biblioteca

RICARDO CARVALHO CALERO

Etiquetas :

 

"As pitas baixo a choiva" é un proxecto educativo da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra inspirado libremente no conto do mesmo título de don Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2020.

 

https://aspitasbaixoachoiva.bandcamp.com/album/as-pitas-baixo-a-choiva

ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO

Etiquetas :

O día 2 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro Infantil, tivemos a sorte de contar no noso centro coa escritora Ánxela Loureiro. Os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto poideron intercambiar impresións sobre os libros lidos.

ENTRA A ROBÓTICA NA NOSA BIBLIOTECA!

Etiquetas :

Neste curso comezamos a empregar na nosa biblioteca o robot Bee-bot para a aprendizaxe, mediante xogos, de diferentes temáticas.

Deixámosvos un vídeo para que vos animedes a vir e xogar con el!

CAMBIO DE MOBILIARIO NA NOSA BIBLIOTECA!

Etiquetas :

Durante estes dous últimos cursos grazas á incorporación da nosa biblioteca no PLAMBE, poidemos ir mellorando os espazos, mobiliario, fondos, material, robótica,... Agora a nosa biblioteca é un lugar acolledor no que os nenos e nenas comparten lecturas, investigan, contan, escoitan e viven moitas experiencias.

Velaquí como é agora a nosa biblioteca!

MARICA CAMPO VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Etiquetas :

O día 13 de marzo, a escritora Marica Campo tivo un encontro cos nenos e nenas de 5º e 6º de E.Primaria para falar do seu libro "Unha misión para Clara". Compartimos uns momentos moi entrañables e enriquecedores. 

Comeza un novo curso!

Etiquetas :

Este ano Lili traeranos moitas sorpresas á nosa biblioteca... teredes que agardar ata mañán para coñecelas!! 

 

A NOSA BIBLIOTECA

Etiquetas :

 

 

A NOSA BENVIDA Á BIBLIOTECA DE LILI

Ao longo deste curso démoslle un gran impulso á nosa Biblioteca.

Grazas ao proxecto presentado, este ano entramos a formar parte do PLAMBE!! Esto permitiunos facer cambios para crear un espazo acolledor que convide a todas as nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós, mestras e mestres a participar de momentos agradables de lectura, investigación, xogo, lecer...

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design