Saídas e Obradoiros
Visita ao Museo Ramón María Aller de Lalín
VISITA DOS CURSOS DE 3º E 5º DE E.P AO MUSEO RAMÓN MARÍA ALLER DE LALÍN
EXPOSICIÓN DE MARUXA MALLO E LUÍS SEOANE
Saída a Santiago de Compostela
A clase de 2º na saída do luns 3 de febreiro
Visita á cidade de Santiago de Compostela para asistir á representación teatral de
"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
O pasado martes o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria participaron nos obradoiros "O sabor da Aventura está no mar"
VIAXE A SEGOVIA
Os días 27,28 e 29 de maio o alumnado de sexto de primaria realizou a viaxe de fin de Primaria a Segovia. Pasárono moi ben, deixámosvos unhas fotos coas actividades realizadas.
VISITA POR MELIDE
O pasado luns, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitaron o casco antigo de Melide. Visitaron algúns dos establecementos, como a librería, a panadería e a pastelería de doces tradicionais da vila. Para rematar a visita subiron ata O Castelo, no que aproveitaron para merendar, xogar un anaco, e sacar unhas fotiños. Que ben o pasamos!
VISITA A APIPOLIS
Nas últimas semanas o alumnado de 5º, 6º de Educación Infantil e 1º de EP foron de visita a Apípolis. Alí coñeceron máis sobre as abellas e a súa importancia que teñen para nos. Durante a visita os nosos nenos e nenas puideron ver unha exposición, visitar o apiario vestidos de apicultores, realizar a extracción, colado e envasado da mel dun panal e ata facer unhas saborosas galletas de mel. Que ben o pasamos!
VISITA ASANOG
Este luns os nenos e nenas de Educación Primaria tiveron a visita da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
VISITA A SANTIAGO
O venres o alumnado de terceiro e cuarto viaxaron ata a capital de Galicia para disfrutar dun concerto didáctico da Real Filharmonia de Galicia, Mini Mozart. Despois do concerto merendamos no Parque da Música e por último visitamos a exposición Cómo hemos cambiado, no Centro Comercial As Cancelas. Nesta exposición trasladámonos as décadas dos 50, 60, 70 e 80 e vimos xoguetes, libros, discos, vehículos e outros obxectos destas décadas.
EXCURSIÓN A SANTIAGO
O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria visitou a Xunta de Galicia, o Parlamento e o Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA).