Saídas e Obradoiros

OBRADOIRO DEBULLA& BULLA

O 28 de febreiro tivemos unhas actividades para celebrar o "Día de Rosalía" mais o "Entroido" coa compañía "Debulla e bulla" co seu proxecto "Arróupate: como vestían os nosos ancestros", que se dividiron do seguinte xeito:

- Ed. Infantil: Concerto didáctico

- 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria: Traballamos co ritmo

VISITA A LUGO

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron a Cidade de Lugo e o Museo Provincial. 

Os nenos e nenas de infantil convertéronse en cavernícolas. Fixeron unha serie de actividades artísticas dentro dunha cova trasladándose á Prehistoria

Powered by Drupal - Design by artinet