COLABORAMOS CON HUGO
Dende o C.E.I.P. Mestre Pastor Barral imos colaborar coa recollida de tapóns para Hugo, o neno que padece Enfermidade de Dent. Neste colexio xa estamos moi acostumados a traballar coa solidariedade das familias, polo que agardamos que participides activamente.
SOLIDARIEDADE
O alumnado de 5º de Educación Primaria, despois de moito traballar, no deseño dos calendarios, a súa posterior venta, o mercado solidario...cumpriron o seu soño: recaudar fondos para colaborar con 3 entidades solidarias, fundación Andrea, Asotrame e Asanog. Deixamos unha foto da entrega do cheque ás representantes de ditas entidades.
ENTROIDO 2020
Traballos realizados polos nenos de 2º dentro dunha serie de actividades dedicadas ao
Entroido
25 N
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, todo o alumnado xunto cos seus mestres e mestras participamos en diferentes actividades, talleres e contacontos de igualdade, rematando coa gravación do lipdub da canción “La puerta violeta” de Rozalén.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »