25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O venres 23 de novembro cantamos todos os nenos, nenas, mestres e mestras ben forte a canción "La puerta violeta" de Rozalén, todo un himno contra as agresións machistas.
Deixámosvos o seu videoclip e karaoke para que cantedes con nós, así como un vídeo que recolle todo o que traballamos para este día.
DÍA DA BIBLIOTECA
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca no noso colexio leváronse a cabo diferentes actividades.
Comezamos o 23 cunha xornada de portas abertas para que as familias coñecesen a nosa biblioteca. A visita foi guiada polo alumnado de sexto que ao finalizar lles contaron diferentes contos. O día 24, co lema “Diferentes formas de contar”, de novo, os nenos e nenas de sexto fixeron de contacontos para os compañeiros dos distintos niveis.
CARREIRA SOLIDARIA
O pasado venres 26 celebramos a carreira solidaria contra a leucemia infantil. Foi unha xornada moi emotiva na que alumnado, mestras/es e familias corrimos cun mesmo obxectivo: colaborar na investigación da leucemia infantil.
SAMAÍN
Achégase o Samaín, e o noso colexio xa está ambientado con cabazas, castañas, mazarocas de millo,... que os nosos nenos e nenas con agarimo decoraron para colocar nunha exposición na entrada do colexio.
Quedaron moi chulas!!
VISITA A LUGO
O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron a Cidade de Lugo e o Museo Provincial.
Os nenos e nenas de infantil convertéronse en cavernícolas. Fixeron unha serie de actividades artísticas dentro dunha cova trasladándose á Prehistoria.
CARREIRA SOLIDARIA
O vindeiro 26 de outubro o noso colexio organiza unha carreira solidaria participando na IV edición de "La vuelta al cole", que é promovida pola Fundación Unoentrecienmil.
O PRIMEIRO DIA DE CLASE
Despois das vacacións do verán, por fín chegou o primeiro día de cole. Vaia sorpresa ao chegar ao colexio e ver todo o que tiña preparado para nós "Garabato de xogos".
Pasámolo xenial!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15