Música

Laboratorio de sons. Semana do 5 ao 12 de xuño

Esta semana convídovos a coñecer un espacio moooi divertido!! Chámase...

CHROME MUSIC LAB

Chrome Music Lab é un sitio web de google que ofrece xogar e aprender coa música a través de experimentos divertidos e prácticos. Explorarás a música e as súas conexións coa ciencia, as matemáticas e moito máis. Tes que ir probando todos os experimentos!

Música no confinamento. Semana do 22 ao 29 de maio

"Sen música, a vida sería un erro"

Esta frase do filósofo alemán Friedrich Nietzsche toma agora especial importancia polos momentos difíciles que estamos a vivir.

A música axúdanos a conectar uns cos outros, a comunicarnos, a sentirnos preto,... A música é alegría, así que vouvos alegrar os vosos días e darvos moito ánimo cunha selección de música que agardo que vos guste!

Semana das Letras Galegas. Semana do 15 ao 22 de maio

Como xa sabedes, o domingo festexamos o día das Letras Galegas, este ano adicado a... 

 

 

Seguimos bailando... Semana do 8 ao 15 de maio

con outra versión fermosa e marchosa do poema de Curros Enríquez, O Maio, para a que o Consello da Cultura Galega contou coas novas voces da música galega.

Porque este curso toca festexar este día nas vosas casas, pero non por eso íamos deixar de celebrar a chegada das flores e das cores. Así que collede parella e... a bailar!

 

Ópera para nenos "Alí Baba e os 40 ladróns". 27, 28 e 29 de abril

A Ópera de Cámara de Navarra permítenos visualizar "Alí Babá e os 40 ladróns", unha adaptación do tradicional conto de Las mil y unas noches para coro de nenos, cantantes e orquestra.

Aí vén maio! Semana do 30 de abril ao 8 de maio

O MAIO

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Agrupacións con instrumentos reciclados. Semana do 29 de maio ao 5 de xuño

Agora que xa case tod@s fixestes o voso instrumento con material reciclado, esta semana quero que coñezades diversas agrupacións que empregan instrumentos deste tipo que me gustan especialmente.

Semana do 24 de abril ao 1 de maio. Escoitamos a...

Abraham Cupeiro!!

Esta semana quero que lembredes a este músico, Abraham Cupeiro.

Xogos rítmicos. Semana do 17 ao 24 de abril

Bo día!! 

Esta semana, pasádeo ben cos estes xogos rítmicos!!

 

1º e 2º:

 

 

3º e 4º:

 

Circo do Sol para as vacacións de Semana Santa

O Circo do Sol puxo en marcha un novo espacio web de contido dixital chamado CirqueConnect, onde poderedes ver gravacións dos seus espectáculos, entrenar seguindo os consellos dos seus artistas, aprender técnicas de maquillaxe,...

O pasado sábado estreou, en directo, un especial dos seus últimos tres espectáculos. Por se non o vistes, aquí queda o vídeo. É espectacular!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet