Plástica

Laboratorio Kandinsky. Semana do 5 ao 12 de xuño

Se en música ides compoñer, en plástica ides convertir os vosos trazos e os vosos debuxos... en música!!

Para elo, entraremos no laboratorio Kandinsky. Este pintor ruso relacionaba cores e formas con diferentes sons e incluso instrumentos. Déixovos uns vídeos, xa veredes que marabilla!

 

Museos no confinamento. Semana do 22 ao 29 de maio

Neste confinamento, a cultura segue. Son moitos @s artistas que seguen ofrecendo os seus concertos, espectáculos,... e os museos abren as súas portas para visitalos virtualmente.

Dende aulas galegas, no Día Internacional dos Museos, o 18 de maio, ofrécennos 15 ligazóns a 15 museos galegos para que poidamos visitalos virtualmente. Pincha aquí para entrar e gozar deles!

Ricardo Carvalho Calero. Semana do 15 ao 22 de maio

Para festexar a Semana das Letras Galegas, propóñovos as seguintes actividades:

 

Para 1º, 2º, 3º e 4º:

- Facer un separador para os vosos libros. Podedes elixir entres estes animais: oso panda, coello e raposo. Ou, se tedes moitas gañas de traballar, facelos todos.

 

Festa dos maios. Semana do 8 ao 15 de maio

Hoxe estaríamos de festa no cole bailando arredor do maio, como fixemos en cursos anteriores. Nesta foto están os nosos nenos e nenas maiores o ano pasado, diante do maio elaborado entre todo o alumnado do colexio.

 

 

Maios. Semana do 30 de abril ao 8 de maio

Chega maio, o mes das flores...

 

 

Para celebrar a Festa dos Maios, propóñovos que elixades unha destas manualidades:

- Elaborar e decorar un maio. Para que vos inspiredes, móstrovos uns exemplos:

 

Comemos... ou debuxamos? Semana do 29 de maio ao 5 de xuño

No portal educativo Aulas Galegas podemos atopar recursos moi interesantes, pero un dos que máis me fascinou é "Cociña gráfica". Mirade o seguinte vídeo para saber de que se trata.

 

  

Impresionante, verdade?

Obradoiro de debuxo Leandro Lamas o 24 de abril

Dinos Leandro Lamas no seu muro de facebook...

 

Facemos un instrumento musical con material reciclado. Semana do 24 de abril ao 1 de maio

Bo día!

Despois de escoitar a Abraham nas actividades que vos propuxen esta semana en música, seguro que quedastes con gañas de probar a facer un instrumento!

No seguinte vídeo ensínannos a facer seis instrumentos con materiais que, seguro, tedes pola casa:

- Tambor

- Pao de chuvia

- Arpa de corcho

Debuxando animais. Semana do 17 ao 24 de abril

Bo día!! 

Seguro que nunca vos imaxinastes todos os animais que podemos debuxar partindo da nosa man!! Mirade o vídeo e... mans á obra!!

 

 

 

Día das Artes Galegas. Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Como xa sabedes, o 1 de abril festexamos o Día das Artes Galegas, unha celebración instituída pola Real Academia de Belas Artes que cada ano homenaxea a un ou unha artista de Galicia.

Powered by Drupal - Design by artinet