Formación de profesorado en Lisboa
Seguimos traballando para estar mellor preparados e para internacionalizar o noso centro escolar.
Dous mestres do noso CEIP asistimos a unha formación en Programas Erasmus +
Durante unha semana, e dende o domingo 26 de setembro ata o sábado 2 de outubro de 2021 asistimos á mobilidade KA1 en Lisboa, dous profesores do noso centro.
No link que se amosa a continuación poderedes ver algúns dos momentos de cada día da semana.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que nos puxo en contacto con profesorado doutros países europeos.