Skip to Content

Idioma estranxeiro (Inglés)

Charla sobre os transplantes de corazón

As alumnas e alumnos de 4º curso estivemos aprendendo máis cousas sobre os nosos órganos.  Unha das cousas que máis nos interesou foi coñecer en que consiste un transplante de corazón da man de Juan, o noso entrenador de fútbol, que veu unha tarde ao colexio a explicarnos como viviu el esa experiencia. Moitas grazas Juan por respostar a todas as nosas inquedanzas!

Visita ao Parlamento de Galicia

O pasado mes de febreiro as alumnas e alumnos de 3º e 4º curso visitamos o Parlamento de Galicia. Durante esta visita puidemos visitar moitas das dependencias do edificio do Parlamento ademáis de aprender as súas funcións e desfrutar das obras de arte que alí se expoñen.

 

 

Penpals!

Os alumnos de 4ºA estamos mellorando as nosas destrezas linguísticas en Inglés. Para iso estamos mantendo un contacto moi enriquecedor cun colexio de Verona en EEUU que se chama Sugar Creek Primary School. O primeiro que fixemos foi escribir unhas cartas aos nosos penpals (amigos por correspondencia) e eles nos enviaron tamén as súas. 

 

Desta vez decidimos gravar uns vídeos presentándonos para que nos coñezcan un pouco máis e este foi o resultado!

 

 

Debuxando!

Debuxando!

 

O venres pasado os alumnos de 4º curso de Primaria estivemos debuxando un mural. Para iso cada un encargouse de debuxar e colorear unha zona do mural. Cando o teñamos rematado, ensinaremos o resultado final.

 

 

Puppets 4ºB!

Os alumnos de 4º B tamén fixemos as nosas marionetas (puppets) utilizando técnicas de origami e a nosa imaxinación.

Distribuir contido


by Dr. Radut