Skip to Content

Educación física

4º EP camiña, limpando a praia de Broña,15-10-2021

O alumnado de 4º EP e parte do seu profesorado percorreron a praia de Broña (San Cosme), recollendo todo o lixo que ían atopandoao seu paso, que non foi pouco. Porén, non todo lles provocou a mesma sorpresa, pois os obxectos atopados foron bastante variados: un garfo e unha culler de aceiro (probablemente dun xantar veraniego), unha vasoira vella, plásticos de diversas cores e tamaños, unha chancla, etc.

A actividade levouse a cabo, a través do Concello e en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia.

Se queres ver imaxes de obxectos, que non deberían aparecer tirados no mar, nen na praia, pincha aquí.

Xornadas interxeracionais con música e actividades físicas

No presente curso, dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Acividades Complementarias e Extraescolares falamos co claustro para ver se había compañeiros/as interesados/as en levar a cabo actividades de diversa índole co alumnado e os/as usuarios/as do Centro de Día.

Logo, falamos coa directora e tamén coa traballadora social do Centro de Día para ver cal sería o horario máis axeitado e acordar as datas nas que realizar as xornadas interxeracionais entre alumnado, profesorado, usuarios/as e persoal laboral do Centro de Día.

Así

Distribuir contido


by Dr. Radut