Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Xornada de portas abertas, ven a coñecernos!

Escríbenos a ceip.outes@edu.xunta.gal para anotarte. Alumnado de nova incorporación.

*Descarga o cartel en documentos adxuntos.

PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL

Estamos de noraboa!!!
A Deputación da Coruña ven de concedernos o premio Concepción Arenal polo proxecto de igualdades desenvolvido o curso pasado.

“Tecendo Igualdade” é un proxecto levado a cabo polo alumnado de infantil. Podedes ver o comentario do xurado na segunda foto.

O ABC DA NUTRICIÓN INFANTIL

 

Temos a sorte de contar con Ana Martínez Lorente, médica e diplomada en nutrición, no noso centro para falar da alimentación das nenas e nenos.

Agardámosvos!

OUTES GRITA NON!

OUTES GRITA NON!
Á VIOLENCIA DE XÉNERO

E para conseguilo, traballamos todos os días nunha educación feminista, que respete os dereitos de todas e todos. 

#25N #NINUNHAMENOS

PREMIO NO VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

O noso proxecto de centro "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro" recibe o PREMIO no VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

 

 

 

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta. 

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€. 

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! SorrisoSorriso

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

A resolución  do 19 de setembro de 2022 (DOG 30/9/2022) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros do Consello Escolar e que a Xunta Electoral en virtude das atribucións que lle otorga a lexislación vixente dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar no sector de Mestras, Responsbles de alumnado e Persoal de administarción e servizos.

Renovación dos cargos do Consello Escolar:

- Presentación de candidaturas: do14 ao  21 de novembro.

- Proclamación de candidaturas: 22 de novembro.

- Votación do profesorado: 29 de novembro

- Votación de pais, nais, titores/as legais:  29 de novembro, de 10:00 a 17:00

- Votación de Persoal de Administración e Servizos: 29 de novembro

- Proclamación de candidatos/as elixidos/as: 1 de decembro.

 

Número de cargos a renovar:

- Profesorado: 3

- Persoal de Administración e servizos: 1

- Pais, nais ou titores/as: 1

Durante estos día reenviarase máis información por Abalar.

NOVA MATRÍCULA CURSO 22-23

O día 21 de xuño abre o prazo para a formalización da matrícula do alumnado de NOVA INCORPORACIÓN.

Toda a información no seguinte enlace: "pinchar aquí". 

RECOÑECEMENTO SELO BILIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

ESTAMOS DE NORABOA!

Segundo a Resolución de 23 de Maio da Dirección Xeral de Centros e Recursos, a nosa biblioteca foi recoñecida co Selo BIBLIOTEC ESCOLAR SOLIDARIA, un recoñecemento ao traballo realizado cunha dotación de 1.500 euros, coa que poderemos seguir compartindo momentos de lecer e aprendizaxe en comunidade.

Seguimos no camiño, con moita ilusión.

Grazas por compartila con nós!

LETRAS GALEGAS 2022


Aquí vos deixamos o vídeo elaborado conxuntamente polo CEIP de Outes e o IES Poeta Añón para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2022.

Pincha no enlace!

Esperamos que o disfrutedes!

RESULTADO VOTACIÓN

Boas tardes.

En primeiro lugar agradecervos a elevada participación na xornada de votación de hoxe.

Os datos despois do escrutinio son os seguintes: 

  • Votos emitidos: 175.
  • Votos a favor da xornada única: 131.
  • Votos en contra da xornada única: 39.
  • Votos nulos: 5.

Polo tanto se supera a porcentaxe necesaria para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañán.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut