Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

FOTOS DO CENTRO

Dende este curso podedes ver as fotos na galería da web. Para acceder a ela, podedes facelo pinchando en "galería" (na parte superior da páxina) ou na seguinte imaxe .

fotos

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

O alumnado do centro xa comezou a desfrutar dos trompos donados polo Concello de Outes.

 

trompos

 

Tedes máis fotos na galería. Para acceder a ela podedes pinchar AQUÍ ou buscando na parte superior da web.

 

PLAN DE ENSINO VIRTUAL

manifesto

MOITO MAXÍN, NO SAMAÍN!

Emocionante xornada de Samaín, a la par que sanitariamente segura,  no CEIP Plurilingüe de Outes!

Decoración de cabazas, visionado de curtas, lectura de relatos... e ENTERRO DOS MEDOS! Medos fóra!

 
E NON PASEDES MOITO MEDO ;)

COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

O Consello Da Xunta ven de autorizar os seguintes cambios que afectan ás persoas colaboradoras do comedor escolar:
  1. Aumentar a cuantía que reciben ás Colaboradoras de atención e vixiancia d@s menores comensais en comedores de xestión directa a 12,50 euros por día de asistencia efectiva ao comedor.
  2. Ampliar excepcionalmente a outr@s familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio d@s menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixiancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradoras directas dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente. Esta colaboración voluntaria se desenvolverá nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial educativa ao respecto dos pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado.
Por tanto, ante este cambio de normativa ábrese un novo prazo desde hoxe día 23  para aquelas persoas interesadas en comezar a colaborar no comedor.
Deberán pedir cita para cubrir unha solicitude no centro que deberán acompañar de:
  • Unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún d@s menores comensais.
  • Unha autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumn@ comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.
  • Certificado negativo do Rexistro Central de delincuentes Sexuais de non ter sido condenad@ por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual.
Non dubidedes en poñervos en contacto co centro se tedes calquera pregunta.

NOTICIA!! SOMOS "BIBLIOTECA CREATIVA"!

 Alégranos informarvos de que somos un dos 25 centros seleccionados de toda Galicia para incorporarse este ano ao programa de “Bibliotecas Creativas”. 

Este programa de innovación da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nace co fin de apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación e aportará recursos ao centro para tal fin, o que é unha moi boa nova.

Preme na imaxe para acceder á Resolución ;)

 

De paso convidámosvos a que entredes no blogue de vez en cando! Tedes agora unha proposta de cara ao Samaín na que podedes participar.

Para acceder podedes premer no enlace directo que atoparedes na columna dereita de esta páxina.

INFORMACIÓN SOBRE PAGO DE COMEDOR

Xa está habilitada a plataforma para realizar o pago do comedor. A continuación explicamos os pasos a seguir:

Dende o navegador (non dende a aplicación de AbalarMóbil que tedes descargada) entrades na dirección de espazoAbalar (https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/).

Unha vez dentro, pinchades en "Servizos Complementarios" - "Comedor" - "Formulario".

* Para poder realizarse o pago é preciso ter o certificado dixital ou a chave 365.

* Unha vez feito o pago, xa chega automáticamente a notificación ao centro.

 

Para axudarvos no trámite, podedes visualizar o seguinte video ou ver o documento adxunto.

APROBACIÓN REAXUSTE HORARIO

Vimos de recibir a aprobación do reaxuste horario por parte de Xefatura Territorial, que podedes consultar no adxunto desta publicación.

Polo que a partir de agora mantense o horario de 9:50 a 14:50, prorrogando o horario establecido no mes de setembro, con carácter excepcional e duración limitada ao período que obrigue a situación de risco motivada pola pandemia ocasionada pola Covid-19, de conformidade co que determinen as autoridades sanitarias.

HORARIO EXTRAORDINARIO DÍA 2 DE OUTUBRO

Acabamos de recibir instrucións por parte de Inspección Educativa indicando que o horario lectivo do centro para mañá 2 de outubro segue a ser de 9:50 a 14:50 (o mesmo que o que tivemos hoxe 1 de outubro), en espera da aprobación definitiva da solicitude presentada, si procede, por parte da Xefatura Territorial. 

TARDES DIVERTIDAS DÍA 1 DE OUTUBRO

Infórmannos que o servizo de Tardes Divertidas de mañá 1 de outubro, co fin de adaptarse ao horario do centro, será de 16:00 a 18:00 para o alumnado usuario deste servizo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut