Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

RESULTADOS DAS ENQUISAS DA BIBLIOTECA

Fai unha temporadiña pedímosvos colaboración para coñecer os vosos hábitos lectores realizando unhas sinxelas enquisas. Aquí están os resultados. Parabéns porque estades feitos uns devoradores de libros!

Agora con estes datos as persoas que formamos o equipo da biblio xa temos moito máis claro cales son os xéneros literarios  que máis vos gustan, que títulos podemos mercar para que veñades a buscalos e que outros podemos dinamizar para que vos acheguedes a eles.

Unha vez máis, moitas grazas a todos e todas por colaborar e prestarnos uns segundiños do voso prezado tempo.

 

XORNADAS SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Queriamos ensinarvos a visita dos profesores de alimentación, nutrición e exercicio saudable: P.A.N.E.S. O profesor Carmelo Cotón e a profesora Natillas elixiron a algúns nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria para realizar tarefas como: pensar un almorzo saudable, separar alimentos de orixe animal e vexetal, a importancia de facer exercicio e levar unha dieta saudable, un experimento sobre como cambiaba o noso estómago tras comer demasiadas chuches ou un estupendo rap da alimentación.

Aquí vos deixamos unhas fotos deses momentos que pasamos aprendendo a alimentarnos ben. 

VIVIR EN SAÚDE from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

CONTACONTOS NO RECREO

AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN

De esta guisa está quedando... Uhhhhhhh! Que meeeedooo!! Momias, esqueletes, vampiros, cabazas... E algunhas sorpresiñas máis que irán aparecendo. Estade atentos!

BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!

 No cole tentamos seguir as recomendacións que se nos fan dende a Rede de Bibliotecas Escolares Galegas que pretenden unir a biblioteca con todas as áreas de aprendizaxe. Por iso, á hora do comedor e aproveitando que estabamos a traballar a temática do medo, decidimos unilo coa PAPIROFLEXIA. Así os nenos e nenas voluntarios practicaron a simetría, a orientación espacial, a lateralidade ou o seguimento de instrucións elaborando monstruosas teas de araña de diferentes formas. Aquí tedes unha mostra dos traballos. Parecía fácil! Non si? Pois abofé que non o é!

 

 

 

 

 

A HISTORIA DE SAISA.

Buscando no ordenador da biblio apareceu este interesante vídeo que nos conta a historia de Saisa, a nosa mascota. Saisa veu vivir a Outes fai uns anos procedente doutro planeta lonxano, de seguro que os que chegástedes novos este ano (profes e alumnos-as) non coñecedes como fixo para acabar no noso cole. Queredes descubrilo? Pois aquí vos deixamos o conto.

 

Saisa from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN

QUE FARÍAS TI SE TES QUE DAR MEDO E NON QUERES?

Propoñémosche o seguinte libro para que o averigües!

 

A Máscara do León. Autoras: Margarita del Mazo e Paloma Valdivia

OQO Editora

 

Se che gustou o libro non te podes perder as seguintes actividades relacionadas con el.

 

CONVÍRTETE NUN EXPERTO EN VOCABULARIO CO SEGUINTE PASAPALABRA!

Pica na imaxe.

 

 

E QUE VOS PARECEN ESTES PUZZLES? Pica nas imaxes para ir a eles.

  

preview6 piecePUZZLE

 

preview8 piecePUZZLE1

 

preview8 piecePUZZLE2

 

Caetano Veloso ten unha cantiga ben bonita con título de Leaozinho.

Tamén o conto ten a súa propia cantiga!

Os nenos e nenas do CPI dos Dices, en Rois, fixeron unha adaptación utilizando a técnica do Stop Motion (movendo os personaxes e facendo fotos de cada movemento), gústavos? 

MOMENTOS NA BIBLIO

 

 

SELECCIÓN LIBROS MEDO

Saisa estivo buscando nas estanterías e  por iso na sala de consulta da biblio podedes ver e desfrutar dunha selección de libros relacionados co medo: hai bruxas, pantasmas... Ela está encantada de ensinárvolos!

 

OS RESPONSABLES

O Equipo da Biblio querémosvos saudar en persoa, aquí estamos nalgunhas das tarefas dos últimos días: traballando na elaboración das enquisas, na animación á lectura, na restauración de libros, colocando para que todo se encontre no seu lugar, dando de alta e baixa aos novos e antigos alumnos, facendo carnés... E ata preparando algunha que outra sorpresa de cara á celebración do Samaín!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut