Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

I CARREIRA SOLIDARIA

 

I Carreira Solidaria na que cambiaremos voltas por material escolar a favor de Cruz Roja.

Podedes descargar o cartaz no documento adxunto.

 

PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS

ESTAMOS DE NORABOA! 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de publicar a Resolución do “Concurso Estatal de Buenas Prácticas en centros docentes” no que o noso PDI “Mens sana in corpore sano” foi recoñecido como proxecto de mellora da calidade educativa, e premiado cunha dotación de 10.000€.

 

Moi felices, porque este premio é un gran recoñecemento ao traballo de todo o alumnado e persoal do centro e no que a implicación das familias resultou clave para o seu desenvolvemento. 

 

Seguimos no camiño, moito traballo, pero a ilusión e as ganas son un gran motor! 

NORABOA DE NOVO Á TODA A COMUNIDADE

 

#nobocamiño #somosoutes #pdimenssanaincorporesano

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/premios/premios-nacionales-educacion-centros-docentes.html

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Primeira actividade organizada para as familias de infantil, organizada conxuntamente polo centro e a ANPA.

Escrivídenos para reservar praza a: ceip.outes@edu.xunta.gal

Descarga en adxuntos o cartaz.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Tras a segunda reunión  da Xunta Electoral do CEIP Plurilingüe de Outes celebrada o 15 de novembro de 2021 ás 15:30, fanse públicas  as listaxes de candidaturas e a constitución das mesas electorais.

1.- Admisión , proclamación e publicación de candidatura:

NAIS/PAIS TITORES LEGAIS

Dona  Begoña Suárez Ordóñez
Don  Carlos López Martínez
Dona Sara Mª Romero Fernández

PROFESORADO

Abel Vale López
Alicia Nimo Liboreiro
Mª Vanessa Outón Riomao

2.- Constitución da  MESA ELECTORAL, mediante sorteo:

NAIS/PAIS TITORES LEGAIS

TITULARES:

Vanesa López Beiro
Elisabeth Núñez Vázquez
Laura Blanco Domínguez
Paula Brea Santiago

SUPLENTES:

Tania Cambeiro Sieira
Manuel Rial Moledo

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS CURSO 21/22.

 

Orde do 28 outubro de 2020 pola ques e regulan os criterios e o procedemento de distribución de  máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos dependentes desta Conselleríano curso 21/22. DOG nº218 do 12.11.2021

Quen ten dereito á axuda? Alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial.

Quen NON ten que presentar solicitude? O alumando que foi beneficiario da axuda de material escolar este curso 21/22.

Quen SI ten que presentar solicitude? As nais, pais, titores ou representantes legais do alumnado que NON PRESENTOU SOLICITUDE DE MATERIAL ESCOLAR en tempo e forma ou resultou excluída no o curso 20/21 que cumpra algunha destas condicións:

 

Pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 

Alumnado cun grao de diacapacidade igual ou superior ao 65%

Alumnado matriculado en educación especial

Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia

 

Pazo de presentación da solicitude: Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no DOG, 10 días hábiles, é decir do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

Solicitude: Podedes descargar AQUÍ A SOLICITUDE. Preséntase unha única solicitude por familia para tod@s os fill@s matriculad@s no mesmo centro.

 

Documentación complemetaria: Deberedes achegar xunto co anexo I a documentación que se sinala na solicitude. Non será necesario achegar documentación complementaria se xa se fixo xunto coa solicitude de material escolar para o curso 20/21

 

Presentación: Unicamente de forma presencial PREVIA SOLICITUDE DE CITA no centro

SAMAÍN 2021

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 21/22

Achégase en documento adxunto o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID para o curso 21/22.

GUÍA PLAN DE ADAPTACIÓN COVID PARA AS FAMILIAS 2021-2022

Quédavos en documento adxunto a GUÍA PLAN DE ADAPTACIÓN COVID  PARA AS FAMILIAS 2021-2022

REUNIÓNS INFORMATIVAS

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso.

Como equipo docente queremos darvos a benvida a este curso 2021/22 que afrontamos con enerxías renovadas. 

Un curso que iniciamos tamén contando coa vosa colaboración e entendemento para crear o mellor contexto de aprendizaxe para as nenas e nenos.

Durante a próxima semana celebraremos as xuntanzas por curso para poder presentar ao profesorado e entregar os vales de material, cheques de libros e libros do fondo. No adxunto podedes ver os horarios da convocatoria e a porta de entrada para cada curso. Recordade que por motivo do Protocolo só pode asistir unha persoa por cada alumna/o.

 

 

Recibide un agarimoso saúdo.

LIBROS DE TEXTO 20/21

No documento adxunto tedes o listado de libros de texto curso 2021/22.

Recomendamos non adquirir o libro de música ata recibir indicacións d@ docente que ocupe a praza.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut