Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

A HISTORIA DE SAISA.

Buscando no ordenador da biblio apareceu este interesante vídeo que nos conta a historia de Saisa, a nosa mascota. Saisa veu vivir a Outes fai uns anos procedente doutro planeta lonxano, de seguro que os que chegástedes novos este ano (profes e alumnos-as) non coñecedes como fixo para acabar no noso cole. Queredes descubrilo? Pois aquí vos deixamos o conto.

 

Saisa from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN

QUE FARÍAS TI SE TES QUE DAR MEDO E NON QUERES?

Propoñémosche o seguinte libro para que o averigües!

 

A Máscara do León. Autoras: Margarita del Mazo e Paloma Valdivia

OQO Editora

 

Se che gustou o libro non te podes perder as seguintes actividades relacionadas con el.

 

CONVÍRTETE NUN EXPERTO EN VOCABULARIO CO SEGUINTE PASAPALABRA!

Pica na imaxe.

 

 

E QUE VOS PARECEN ESTES PUZZLES? Pica nas imaxes para ir a eles.

  

preview6 piecePUZZLE

 

preview8 piecePUZZLE1

 

preview8 piecePUZZLE2

 

Caetano Veloso ten unha cantiga ben bonita con título de Leaozinho.

Tamén o conto ten a súa propia cantiga!

Os nenos e nenas do CPI dos Dices, en Rois, fixeron unha adaptación utilizando a técnica do Stop Motion (movendo os personaxes e facendo fotos de cada movemento), gústavos? 

MOMENTOS NA BIBLIO

 

 

SELECCIÓN LIBROS MEDO

Saisa estivo buscando nas estanterías e  por iso na sala de consulta da biblio podedes ver e desfrutar dunha selección de libros relacionados co medo: hai bruxas, pantasmas... Ela está encantada de ensinárvolos!

 

OS RESPONSABLES

O Equipo da Biblio querémosvos saudar en persoa, aquí estamos nalgunhas das tarefas dos últimos días: traballando na elaboración das enquisas, na animación á lectura, na restauración de libros, colocando para que todo se encontre no seu lugar, dando de alta e baixa aos novos e antigos alumnos, facendo carnés... E ata preparando algunha que outra sorpresa de cara á celebración do Samaín!

 

CALENDARIO ESCOLAR 2014-15

CONVOCATORIA DE REUNIÓN ÁS/ÓS NAIS E PAIS OU TITORAS/ES LEGAIS DO ALUMNADO DO 4º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 3 ANOS DE IDADE )

Convócase ás/ós nais/pais ou titoras/titores legais das nenas e nenos que se incorporan ao centro no curso de Educación Infantil de 3 anos de idade a unha reunión coa profesora titora que terá lugar o próximo venres, ás 12:00 horas na aula de dito curso, coa finalidade de informar sobre o período de adaptación á escola.


Agradecéndolles a súa asistencia e colaboración, un cordial saúdo.


A dirección


 

ADMISIÓN COMEDOR 2014-15

Relación de alumnado admitido como usuario do comedor para o curso 2014-15. Figura no arquivo adxunto


 

SAISA: A mascota da biblioteca.

Presentamos a SAISA : A mascota da biblioteca. Para coñecer a súa historia podemos visualizala dende o BLOG de Actividade.

SAISA: A mascota da biblioteca

OS DA ANPA EN MARCELLE

Aquí tedes unha pequena mostra dun inolvidable día en Marcelle, no cal participaron 52 nenos/as e oito nais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut