Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

III CARREIRA SOLIDARIA

 

Xa temos aquí a 3ª Carreira Solidari que se celebrará a favor da fundación MENIÑOS. Anotade a data!

*Podedes descargar o cartaz en adxuntos.

1º PREMIO INNOVAGAL

1º PREMIO CEIP DE OUTES

Estamos de celebración no CEIP de Outes!!!!!

Hoxe vense de publicar a Resolución da Consellería de Educación na que se nos concede o primeiro premio INNOVAGAL. Este premio ten como obxectivo recoñecer o traballo desenvolvido na implementación de metodoloxías innovadoras nos centros educativos.

É un recoñecemento, por tanto, ao camiño andado por esta Comunidade Educativa centrado en construír unha escola que mire á infancia e que atenda as súas necesidades. Unha Comunidade Educativa implicada neste proxecto de escola de maneira activa e, á que lle temos que agradecer o esforzo destes últimos anos que foi premiado hoxe.

CHARLA "O XOGUETE NON SEXISTA E INCLUSIVO"

 

Hai xoguetes só para nenas ou nenos? Como inflúen os xoguetes no desenvolvemento da infancia? Que temos que ter en conta cando compremos xogos para evitar xoguetes sexistas? 

A todo esto e a calquera outra dúbida que se vos plantexe, daremos resposta nesta charla o próximo día 11.

Anotade na axenda! Agardámosvos a todas.

USO SEGURO E RESPONSABLE DE INTERNET

 

Queremos compartir con vós o material creado polo INCIBE (e traducido polo IES Aquis Celenis) baixo a iniciativa Internet Segura for Kids (IS4K) referente ao uso seguro e responsable de internet por parte dos menores. (https://www.incibe.es   https://www.is4k.es)

Trátase dunha guía que contempla distintas estratexias e actuacións para mellorar a mediación parental no uso de dispositivos móviles por menores e evitar así riscos derivados dun mal uso dos mesmos.

Así mesmo, e atendendo ás recomendacións das persoas expertas na materia, compartimos "pactos familiares" que contemplan como se debería xestionar o uso destes dispositivos para evitar conflitos.

Esperamos vos sexa de utilidade!

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

Esperámosvos a todas este venres para desfrutar de xogos tradicionais en familia, non faltedes!

 

PANTALLAS SEN CONTROL

Esperámosvos a todas este mércores na Casa da Cultura para falar sobre os riscos que conleva un mal uso das pantallas nas rapazas e rapaces.

Alí nos vemos!

*Podedes descargar o cartel en adxuntos.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 23-24

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso.

Como equipo docente queremos darvos a benvida a este curso 2023/24 que afrontamos con enerxías renovadas. 

 

Durante os próximos mércores e xoves, día 6 e 7, celebraremos as xuntanzas por curso para poder presentar ao profesorado e entregar os vales de material e cheques de libros. 

 

 

Recibide un agarimoso saúdo.

SELLO DE VIDA SALUDABLE

 

E vimos de recibir a noticia da concesión do “Sello de Vida Saludable” do Ministerio de Educación e Formación Profesional @educaciongob

Este distintivo é un recoñecemento público aos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saúdable e actividade física.

Como recolle o BOE está concedido aos centros que teñen un firme e inequívoco compromiso co desenvolvemento e mellora da calidade esucativa e da saúde. En concreto no noso centro este selo concedeuse, entre outras, polas seguintes propostas:

  •  Elaboración do Proxecto de vida activa e deportiva.
  • Introducción dun espazo de psicomotricidade na libre circulación de EI.
  • Promoción de recreos activos no que se diseñaron espazos e materias que invitaran á actividade física: bicis e patinetes, zona excavación, rocódromo, apertura ximnasio para actividades de raqueta…
  • Participación en Xogade: campo a través, piragüismo, remo, kayak…
  • Deseño e implementación de PDI que abordan os habitos de vida saudables e como este traballo se difundiu na comunidade educativa.
  • Rutas de senderismos para coñecer a contorna.
  • Milla no centro con percorrido deseñado polo alumnado.
  • Sesións  de primeiros auxilios.
  • Programa de merendas saudables aportadas polo centro para todo o alumnado.
  • Carreira solidaria con participación das familias.
  • Xornada de convivencia e xogos populares 
  • Deseño de menús saudables elaborados por @nutricoles
  • Xornadas de formación sobre alimentación para alumnado, familias e persoal do centro.

 Noraboa a todas pola vosa implicación! Orgullo de comunidade educativa Guiño

 #somosoutes #selocalidade #sellovidasaludable

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

O pasado día 30 o Consello Escolar aprobou o Proxecto Educativo do centro.

Este documento, no que levamos meses traballando e que se redactou en comisións, foi unha gran oportunidade de pensar e debatir sobre a escola que queremos.

Este documento dá resposta a preguntas como: como se traballa co alumnado? Que espazos de aprendizaxe podemos atopar? Cal é o nivel de implicación do profesorado? Cal é a nosa cultura avaliativa? Como participa a comunidade educativa no funcionamento do centro?

Pódese descargar en adxuntos ou en documentos de centro.

ABERTO PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Prazo de entrega do Modelo de Autodeclaración Comedor Escolar para o Curso 2023-2024, dende o Xoves 6 de Xullo ata o Mércores 12 de Xullo en horario de 09:00 h ata 14:00 h

Para solicitar praza é preciso estar ao corrente de pago dos recibos do curso 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut