E vimos de recibir a noticia da concesión do “Sello de Vida Saludable” do Ministerio de Educación e Formación Profesional @educaciongob
Este distintivo é un recoñecemento público aos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saúdable e actividade física.
Como recolle o BOE está concedido aos centros que teñen un firme e inequívoco compromiso co desenvolvemento e mellora da calidade esucativa e da saúde. En concreto no noso centro este selo concedeuse, entre outras, polas seguintes propostas:
- Elaboración do Proxecto de vida activa e deportiva.
- Introducción dun espazo de psicomotricidade na libre circulación de EI.
- Promoción de recreos activos no que se diseñaron espazos e materias que invitaran á actividade física: bicis e patinetes, zona excavación, rocódromo, apertura ximnasio para actividades de raqueta…
- Participación en Xogade: campo a través, piragüismo, remo, kayak…
- Deseño e implementación de PDI que abordan os habitos de vida saudables e como este traballo se difundiu na comunidade educativa.
- Rutas de senderismos para coñecer a contorna.
- Milla no centro con percorrido deseñado polo alumnado.
- Sesións de primeiros auxilios.
- Programa de merendas saudables aportadas polo centro para todo o alumnado.
- Carreira solidaria con participación das familias.
- Xornada de convivencia e xogos populares
- Deseño de menús saudables elaborados por @nutricoles
- Xornadas de formación sobre alimentación para alumnado, familias e persoal do centro.
Noraboa a todas pola vosa implicación! Orgullo de comunidade educativa
#somosoutes #selocalidade #sellovidasaludable