Skip to Content

NOVAS SOBRE O TEMA HORARIO

Tal e como informamos onte na páxina web, celebrouse o Consello Escolar Extraordinario que aprobou realizar unha solicitude de reaxuste horario trala recepción da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e FP do 29 de setembro de 2020, na que autoriza esta medida excepcional e de carácter estrictamente sanitario, como unha medida máis a adoptar para minimizar o risco de contaxio na actual situación COVID-19.

 

Esta solicitude foi tramitada a Xefatura Territorial a través do Inspector do centro, polo que estamos agardando resposta. 

 

Somos conscientes das dificultades organizativas que para as vosas familias supón non saber neste momento o horario de mañá, pero os prazos establéceos a Administración Educativa e non o centro. 

 

En función da resposta que teñamos durante a tarde de hoxe informaremos das posibles modificacións horarias e estamos buscando a forma de atender ás necesidades de aquelas familias que por motivos de conciliación poidan ter problemas no día de mañá, dada a premura da medida. 

 

A continuación adxuntamos a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e FP, a solicitude do Consello Escolar e un documento coa argumentación que defende esta medida. 

AdxuntoTamaño
Resolución SXEFP horarios.pdf212.21 KB
SOLICITUDE_REXUSTE_HORARIO.pdf570.04 KB
argumentación reaxuste horario na actual situación sanitaria COVID19.pdf153.82 KB


page | by Dr. Radut