Skip to Content

Pleno Infantil

Os nenos de 3º e 4º curso de educación primaria estivemos aprendendo como se organiza o noso territorio e o estado. Aprendemos a importancia da democracia. Por este motivo creamos varios partidos políticos con diferentes programas electorais deseñados por nós e realizamos unha votación democratica para decidir os nosos representantes nun pleno infantil que se celebrou no salón de plenos da casa do concello de Outes. Grazas a corporación municipal e aos traballadores municipais puidemos aprender moito más na nosa visita. Grazas a todos!

 

Esperamos que vos guste o vídeo do noso pleno de investidura.

 

 



page | by Dr. Radut