Skip to Content

ACTIVIDADES NADAL

Así celebramos o Nadal na Clase dos Listos.

Este foi o noso calendario de adviento positivo. Todos os días levantábamos unha lapela e facíamos o que nos mandaba: dicir adxectivos positivos dos compañeiros e compañeiras, darnos un aplauso, facer o propósito de dar as grazas polo menos tres veces ao día...

Tamén estivemos traballando con papiroflexia e fixemos snowflakes (copos de neve) para adornar a aula. Grazas á profe Bea que nos aprendeu como facelos redondos!

Tamén decoramos a porta con bonecos de neve feitos de círculos cos nosos nomes.

 Dende o proxecto da biblioteca traballamos o Nadal dende unha perspectiva diferente, relacionándoo co solsticio de inverno, por iso fixemos un mural de planetas. Aquí vos deixamos o noso particular sistema solar.

Sistema Solar feito polos nenos nunha tira de cortolina

Aquí podedes ver como quedou o mural da India dentro do proxecto "Saisa e as súas biblioviaxes". Cada clase elaborou a súa presentación da cultura que elixiu. 

Por último, traballamos o tipo de texto instructivo elaborando un manual sobre como se fan os planetas utilizando o papel maché. Aquí está Mercurio, o planeta que nos tocou á nosa clase. Fixémolo entre todos paro ainda nos queda pintalo e colgalo xunto cos das outras clases.

Globo de recuberto de papel maché para facer o planeta Mercurio

Texto instructivo. Como se fan as tiras de periódico para elaborar a partir dun globo un planeta de papel maché.

 



page | by Dr. Radut