Skip to Content

PREMIO RETOS POLOS CREATIVOS

Estamos de celebración!!! O proxecto "Outes soñando o patio" ven de ser premiado dentro dos Retos Polos Creativos na categoría de Mellor solución de accesibilidade e convivencia.

Neste traballo o alumnado do noso centro organizado en 17 comisións deseñou os distintos espazos que o Consello da infancia perfilou despois de analizar as propostas das aulas.

Estas comisións encargáronse de investigar as posibilidades dos espazos, de buscar propostas, de deseñar, de escoitar a persoas expertas que as asesoraran, de realizar os orzamentos do seu proxecto, de redactar o dossier do seu proceso e de buscar materiais e realizar a maqueta do mesmo.

Todo este traballo das 17 comisións volcouse nunha maqueta xeral do patio que recolle a escala todas estas propostas  e nun amplo e detallado dossier que a acompaña.

Orgullosas como comunidade doutro traballo colectivo de mellora do espazo escolar no que o alumnado se empodera e comproba que traballando xuntas por un obxectivo común somos mais fortes.

 



page | by Dr. Radut