O pasado venres 26 de maio tivemos a última reunión do Club de Lectura deste curso. Como se trataba dunha "despedida" xuntámonos os dous grupos 1 e 2, a rapazada non quixo faltar a esta reunión.
Estivemos falando da novela de Andrea Maceiras, "Volverás, golfiño" e demos por rematada a mesma comentando que foi das mellores lecturas que tivemos no Club de Lectura.
Como xa ven sendo un clásico, ao rematar un libro, xogamos ao Pasapalabra dese libro, nesta ocasión o alumnado quixo participar xogando o grupo 1 contra o grupo 2...
E como remate, por este curso, do Club de Lectura, a biblioteca quixo agasallar a cada participante do club cun caderno de bibliotecas escolares e un pequeno detalle doce.
O Club de Lectura despídese ata o próximo curso...
Aínda queda pendente a gravación na radio sobre "Volverás, golfiño"