Skip to Content

Club de lectura

"PLAN DE RESCATE", Grupo 1

O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Club de Lectura co Grupo 1. Estamos a ler o libro de Antía Yáñez, "Plan de Rescate", un clásico no Club e sinónimo de éxito coa rapazada. Nesta ocasión acordamos ler ata a metade do libro (aínda que houbo quen non parou de ler ata rematalo).

O alumnado coincide en que lles está a gustar moito e que contén todos os  ingredientes necesarios para manter a intriga ata o final...

Na próxima xuntanza remataremos o libro.

                      

"ALTAS ASPIRACIONES" Grupo 1 Visita a Ruxi Radio

Como xa vén sendo habitual, cada vez que damos por rematada unha lectura, algunhas nenas veñen á Ruxi Radio a falarnos do libro que estivemos a ler. Nesta ocasión falamos con Noa Gil, Laura Atanes e Laura Araújo sobre o libro de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones".

Esto foi o que nos dixeron...

Moitas grazas pola vosa colaboración rapazas!

                            

                        

 

 

                             

¿QUIERES SER EL NOVIO DE MI HERMANA? Grupo 2

Nova reunión no Club de Lectura, nesta ocasión co Grupo 2, primeira do 2024. Todo listo, agardando pola rapazada...

 

                    

O pasado venres 19 de xaneiro tivemos a primeira reunión do ano co Grupo 2 do Club de lectura. Durante as vacacións de Nadal os participates remataron a lectura que escolleran semanas antes, "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" de Maite Carranza.

O alumnado comentou o libro, houbo bastantes rapazas que se identificaron coa protagonista e tamén houbo quen recoñecía a achegados/as en varios personaxes... pasamos un momento agradable e divertido falando sobre esta lectura.

Como non podía faltar, xogamos ao Pasapalabra do libro...

 

                      

 

Próxima lectura... "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure.

 

                                          

"ALTAS ASPIRACIONES" Grupo 1

Todo preparado para a primeira reunión do Club de Lectura, Grupo 1 deste ano 2024.

 

                    

O pasado 12 de xaneiro, á volta das vacacións de Nadal, retomamos as nosas xuntanzas co Club de Lectura, nesta ocasión co Grupo 1 que escolleran o libro "Altas Aspiraciones" do autor Charlie Feelwood.

A rapazada comentou a lectura, gustoulles moito e houbo debate sobre o libro. Como cada vez que se da por rematada unha lectura, a coordinadora do Club propúxolles xogar a un Pasapalabra sobre o mesmo, pasámolo moi ben.

 

                    

 

Unha vez máis, a nosa alumna Noa non se conformou con ler o libro, xa que aproveitou para facer un traballo sobre o mesmo.

 

                       

Parabéns Noa, encantounos o teu traballo, pero sobre todo, a túa actitude, dedicación, ilusión e esforzo!!!

Próxima lectura....

 

                                

 

Radio na Biblio, "Sopa de Europa", Grupo 1

Unha vez rematado, comentado, debatido e participado no Pasapalabra do primeiro libro lido no Club de Lectura co Grupo 1, "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez, Alba e Laura animáronse a visitar a Ruxi Radio a falarnos un pouco desta lectura.

 

                     

Esto foi o que nos dixeron na Ruxi Radio:

 

                           

                                 

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NO 2023

Todo preparado para dar comezo a última reunión do Ruxi Club do 2023:                             

                    

 

O pasado venres celebramos a última reunión do Ruxi Club deste 2023. Tocaba sesión co Grupo 2, pero como era un día especial, a mestra encargada do Club quixo dar un pequeno agasallo a todo o alumnado que participa no Club de Lectura, así que reunímonos na biblioteca os dous Grupos para recibir un pequeno doce.

 

                    

 

Logo de desexarnos Boas Festas e felicitarnos o Ano Novo, os integrantes do Grupo 1 marcharon e quedamos reunidos o Grupo 2 tal e como estaba previsto.

A reunión deu para moito, rematamos de comentar o libro que estábamos a ler "Plan de rescate" de Antía Yáñez. A rapazada comentou que se trata dun libro divertido, de intriga e que lles gustou bastante.

Como xa vai sendo habitual, ao rematar de intercambiar impresións sobre o libro, a coordinadora do Club preparaulles un Pasapalabra sobre o mesmo. Pásamolo pipa! Acertaron todas as preguntas!

 

                   

 

Unha vez rematado o Pasapalabra tocou escoller a nova lectura... A decisión estivo moi axustada...

 

                   

 

E a próxima lectura será...

 

                             

                       O Equipo da Biblioteca deséxavos

                         Boas Festas e Boas Lecturas!!!

 

 

"SOPA DE EUROPA", GRUPO 1

O pasado venres tivemos unha nova xuntanza co Grupo 1 do Ruxi Club. A rapazada escollera "Sopa de Europa" do autor Rafael Ordóñez para comezar as lecturas deste curso.

Durante a reunión tivemos tempo de falar do libro, de comentar se nos gustara ou non, se o recomendamos a outros compañeiros/as, falamos dos países que saen no libro, o que máis nos gustou, curiosidades sobre gastronomía, arte...

Logo de intercambiar impresións sobre a lectura, a mestra responsable do Club propúxolles as rapazas xogar ao Pasapalabra sobre o libro. Pasámolo moi ben coas respostas, botamos unhas risas e divertímonos moito.

                              

Noa Gil, unha alumna participante do Ruxi Club, non so leu o libro, tamén fixo un marabilloso traballo sobre o mesmo. Noa amosounos o resultado do seu esforzo, buscou e investigou, redactou e ilustrou sobre cada un dos países que aparecen en cada capítulo do libro.

Fantástico Noa, estamos moi orgullosas de ti!

                  

Próxima lectura...

                                    

 

CLUB DE LECTURA, GRUPO 2

O pasado venres 24 de novembro tivemos unha xuntanza no Club de Lectura co grupo 2. O alumnado deste grupo escollera "Plan de Rescate" de Antía Yáñez para comezar as lecturas deste curso.

A rapazada estivo moi participativa, houbo debates, críticas, preguntas, recomendacións sobre este libro, gustos e preferencias sobre determinados personaxes...

Queda moi pouquiño para rematalo, de momento, sen facer espoiler, está gustando moito.        

                             

 

 

ARRANCA O CLUB DE LECTURA

Estamos moi alegres de anunciar que o venres 20 de outubro comenzou, un ano máis, o Club de Lectura. Este curso haberá dous grupos.

Na reunión inicial, a responsable do Club, explicoulles á rapazada participante do Club como serían as dinámicas das reunións, horarios, calendario, actividades...

Aproveitamos para que cada grupo, de xeito democrático,  escollese a próxima lectura.

                         

Para as próximas reunións cada grupo terá asignada unha data.

As lecturas de cada grupo son as seguintes:

 

                 

A próxima reunión será co Grupo 1 o venres 17 de novembro.

Boas lecturas!!!

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

O pasado venres 26 de maio tivemos a última reunión do Club de Lectura deste curso. Como se trataba dunha "despedida" xuntámonos os dous grupos 1 e 2, a rapazada non quixo faltar a esta reunión.

Estivemos falando da novela de Andrea Maceiras, "Volverás, golfiño" e demos por rematada a mesma comentando que foi das mellores lecturas que tivemos no Club de Lectura.

Como xa ven sendo un clásico, ao rematar un libro, xogamos ao Pasapalabra dese libro, nesta ocasión o alumnado quixo participar xogando o grupo 1 contra o grupo 2...

 

               

 

E como remate, por este curso, do Club de Lectura, a biblioteca quixo agasallar a cada participante do club cun caderno de bibliotecas escolares e un pequeno detalle doce.

 

               

 

 O Club de Lectura despídese ata o próximo curso...

 

               

 

Aínda queda pendente a gravación na radio sobre "Volverás, golfiño" Guiño

Distribuir contenido


by Dr. Radut