Skip to Content

Monthly archive

Promoción de Judo

 Promoción de Judo

O pasado luns 17 de setembro, estiveron con nós Paco e Carmen do Club Judo Tui, eles contáronnos cousas moi interesantes sobre o Judo, o importante que é para a concentración, para o compañeirismo, para o respeto...e ademáis pasámolo moi, moi ben. Tamén nos convidaron a vir os martes e xoves do mes de setembro a probar polas tardes de xeito gratuito.

Moitas grazas Carmen e Paco por aportarnos tanto.

 

 Promoting  Judo

On Monday, September 17th, Paco and Carmen from Judo Tui Club were with us.They told us very interesting things about Judo, how important it is for concentration, companionship, for respect ....We were also invited to come and try on Tuesdays and Thursdays for free.

Thank you very much Carmen and Paco for providing us so much.

Xornadas de Formación Erasmus+ para maestros en Toledo

XORNADAS DE FORMACIÓN INICIAIS DE PROXECTOS DE ASOCIACIONS DE INTERCAMBIO ESCOLAR (KA229) - SOCIOS

15 y 16 de octubre de 2018

Os pasados días 15-16 de outubro tiveron lugar en Toledo, as Xornadas de Formación Iniciais de Proxectos de Asociacións de Intercambios Escolar para os socios participantes nos vindeiros cursos. Alí estivemos as profes Puri e Bea, que recibimos formación para levar a cabo o noso proxecto " Fomentando un Estilo de Vida Saudable e Feliz". E tamén aproveitamos as xornadas para coñecer as nosas compañeiras de Torrevieja Carmencita e Estefanía. Un pracer. 

DEPORTE ESCOLAR. BÁDMINTON CURSO 17-18

 

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

 

O pasado, martes 23 de xaneiro  deu  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría Benxamín e Infantil (3º,4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. Preto de 60 participantes disfrutamos de unha tarde de bádminton, na que xogamos moitos partidos, arbitramos xunto aos nenos de Ceip Randufe, Ceip Guillarei, Ceip Nº1 e Club Báminton Tui.

Aquí vos deixamos alguns dos mellores momentos. Non podemos esquecer que a 2ª Xornada será o vindeiro martes 6 de xaneiro, e non podemos faltar.

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña)

 

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña)

 

O Tyde F.C. acudirá no mes de xuño novamente, por quinto ano consecutivo, ao Torneo Internacional de Fútbol 7 en Versmol, onde defenderá o título de campións logrado o ano pasado fronte a outros 21 equipos de distintos países europeos. Neste equipo participan alumnos do Ceip Nº2 de Tui, que xeración a xeración viaxan con gañas e ilusión para disfrutar neste gran campionato. Dende o noso cole desexamoslles moita sorte.

 

 

 

 

XV Andainatudense Solidaria 2018.

 XV Andainatudense Solidaria 2018.

 O vindeiro sábado día 12 de Maio de 2018, vai ter lugar a XV Andainatudense Solidaria 2018. Esta andaina está organizada polo Club deportivo AndatuiRegodapedra. A saída será dende o centro Interfederado e percorrerá parte do camiño portugués, a vía romana, a senda do río Lagartón, a Senda da Pedra Santa, pasará pola Ponte das Febres e pasando polos muiños de Paredes e do regato Deique, chegará ao cumio do Monte Aloia. Despois de xantar e descansar a camiñada seguirá polas pozas da Cabaciña, o alto de Perdurán, o rego de pedra, os muiños do Río Tripes e chegará ao lugar de saída.

Unha actividade para disfrutar en familia e da xoia natural que ten Tui. O parque Natural do Monte Aloia e os seus arredores.

Animádevos a participar, atoparedes máis información na web de andatui á que podedes acceder pinchando aquí.

 Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

Un lugar máxico, unha aventura inesquecible que paga a pena vivir.

 

 

Anulamos a participación nas actividades deportivas de esta fin de semana

 O Ceip Nº2 de Tui únese aos tres días de Loito Oficial

decretado polo Concello de Tui.

 

Ante os graves sucesos ocorridos na tarde de onte ne Paramos, o Colexio Nº2 quere transmitir un testimuño de dor. Sentimos os danos padecidos por todas as vítimas, moitas delas petencentes á nosa comunidade educativa.

Esstamos á disposición das familias que precisen da nosa axuda.

Unímonos aos tres días de Loito Oficial decretado polo Concello de Tui. Durante estes días, non participaremos nas actividades deportivas nas que alumnado do centro estaba clasificado. Solicitaremos o cambio de datas destas actividades, se é posible. Moitas gracias pola vosa comprensión.

 

Deporte en Tui

Deporte en Tui.

Pedro Hermida practica Sky Náutico no Miño.

O alumno Pedro Hermida de 4ºA deixannos unha imaxe impresionante da práctica de Sky Náutico en augas do Río Miño aquí en Tui, baixo a Ponte Internacional, onde o río é navegable. Este é un deporte en auxe dende fai algúns anos na nosa cidade e que cada vez proban e práctican máis aficcionados a este deporte. Pedro anímanos a probar e disfrutar de el, probade!.

 

Información facilitada pola familia de Pedro Hermida de 4ºA. Grazas

 

Lúa viaxa por Europa

 

LÚA VIAXA POR EUROPA.

Este verán Lúa viaxou por Europa e contóunolo a través deste vídeo, que compartimos agora en tódolos idiomas dos países socios do proxecto ERASMUS +. Podedes velo de novo premendo na imaxe. 

YOUR TRIP BY EUROPE.

Lúa, our school library mascot, traveled across Europe this summer and told us through this video, which we now share in all the languages ​​of the partner countries of ERASMUS +. You can see it again by clicking on the image.

Récord Mundial de Lanzamento de Canasta dende unha catarata de 200m de altura.

Récord Mundial de Lanzamento de Canasta

dende unha catarata de 200m de altura.

 O pasado 23 de xaneiro, un grupo de intrépidos youtubers autralianos “How Ridiculous”, conseguiu encestar un balón de baloncesto nunha canasta que se situaba a 201 metros por debaixo do cumio da montaña dende a que facian os lanzamentos. Esta distancia fixo que batirán o Récord mundial de lanzamentos. O grupo autraliano liderado por Derek Herron, viaxou nesta ocasión ata as cataratas de Maletsunyane, en Lesoto (África), onde acadou este impresionante reto. Noraboa.

Deixamosvos o enlace ao video, para que poidades disfrutar de tan impresionante lanzamento, e no poderedes disfrutar dos récord guiness anteriores, un deles do mesmo grupo levado a cabo nos Alpes suizos cunha canasta de 180,968m en 1916.

 



by Dr. Radut