Skip to Content

Monthly archive

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 13 de xaneiro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo do Novás de O  Rosal. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: Balonmán Novás-C.B.Tui: 9-9/5-2/9-8/6-5

Moi bo partido ainda que os resultados non acompañaron ao noso equipo.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

CAMPIONATO EUROPEO PATINAXE ARTÍSTICA GRUPOS-SHOW E PRECISIÓN

CAMPIONATO EUROPEO PATINAXE ARTÍSTICA GRUPOS-SHOW E PRECISIÓN

Os pasados días 26, 27 e 28 de abril celebrouse en Lleida o Campionato europeo de grupos-show e precisión, no que os participantes españoles acadaron moi bos resultados.

Para comezar, na modalidade de Cuarteto, o clube Foment Cardoní colgouse o bronce co seu programa “final Round”, o que supón a súa primeira medalla continental.

Na modalidade de Grupos Show pequenos, o clube L´Aldea proclamouse subcampión co seu espectacular programa “Tame me”.

Na modalidade máis nova, Grupos-Show Xuvenís, o clube Reus deportiu alzouse por terceira vez nesta competición campión de europa co seu programa repleto de xogos de luces “Long-dong”.

 

Finalmente, o Clube CPA Olot, co seu programa “Whithout options” proclamouse por decimoterceira vez Campión de Europa de Grupos-Show Grandes.

Equipo Deporte no 2

Equipo Deporte no 2.

Despois de un ano intenso pintando actividade deportiva no deporte no 2, rematamos o curso 17-18. Agraceder ao Ceip Nº2 de Tui, ao Ampa, ao Claustro en definitiva a toda a Comunidade Educativa poder dar resposta ao "Plan Galego de fomento da Actividade Física Galicia Saudable".

Tamén queremos agradecer a Agrudebam, ao Concello de Tui, aos Clubes deportivos tudenses e a todas as Administracións e empresas que fixeron posibles todas as actividades que levamos a cabo.

Dende o equipo queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que formaron parte do equipo de Deporte no 2 e a todas aquelas que sin formar parte do equipo apoiaron e axudaron en cada actividade. Grazas de verdade!.

Despedimos aos profes César, Patricia, Sara e Yessi, que fixeron un gran traballo con nós, desexamos que formen parte do noso  equipo o vindeiro curso, e de non ser posible, no cole no que estén que poidan seguir pintando deporte e sorrisos.

 

Promoción Kayak Polo

Promoción Kayak Polo

O pasado mércores 19 de setembro tivo lugar a promoción de Kayak Polo no noso centro, para o alumnado de 5º e 6º. Contamos coa colaboración de Marcos do Club Piragüismo Penedo, el ensinounos verdadeiras aventuras do Kayak Polo e todas as súas posibilidades para practicalo. Moitas gracias Marcos.

 

Promoting  Kayak Polo

 

Last Wednesday, the 19th of September, the promotion of Kayak Polo took place in our center, for the students of 5th and 6th. We have the collaboration of Marcos from Club Piragüismo Penedo. He taught us real adventures of Kayak Polo and all its possibilities. Thank you very much Marcos.

VII Camiñada Solidaria 2018 Andatui

VII Camiñada Solidaria 2018.

O vindeiro día 23 de decembro, ás 10:00h terá lugar a VII Camiñada Solidaria 2018 organizada polo Club Andatui Regodepedra. A saída será dende o Palco de Música da Corredoira e terá unha distancia de 8km. Unha oportunidade estupenda para facer deporte en familia. A inscripción é de balde, so tedes que levar alimentos non perecedeiros que serán doados a SOS Tomiño. Animádevos.

Campo a Través Provincial 17-18.

Campo a Través Provincial 17-18.

Circuito da Azucareira Concello de Portas

Martes 23 de Xaneiro 18

            O Vindeiro martes día 23 de Xaneiro vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito da Azucareira no Concello de Portas. Este ano por primeira vez vai a ser en horario lectivo, soamentes para centros educativos. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron na proba de Campo a Través zonal de Soutelo. A saída será ás 9:00h do Ceip Nº2 de Tui e o regreso ás 14:15h. Todos os participantes asistirán á proba, en bus con profesorado do centro, convidando ás familias a disfrutar tamén da xornada con nós. Todos os participantes deberán traer equipación do cole, chándal do mesmo se tiveran e roupa de cambio se chovera. Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161

 

 

DEPORTE ESCOLAR 2017-18. FASE FINAL DE BÁDMINTON (Tomiño)

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18 

O pasado mércores 21 de Febreiro tivo lugar a Xornada Finalda competición escolar de Badminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A competición xerou un gran interés por parte de alumnado e público, o que sempre é de agradecer. Todos levaron medalla por participar e moitos nenos e nenas do colexio e do clube de Bádminton ocuparon os primeiros postos. Agradecemos o esforzo a todos os membros responsables da organización de toda a competición e tamén ás familias pola participación.

 

 
   

DEPORTE ESCOLAR. Competición de Bádminton CategoríaEscolar (3º, 4º e 5º). Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR

Competición de Bádminton CategoríaEscolar (3º, 4º e 5º)

Curso 17-18

O Vindeiro sábado día 14 de  abril terá lugar a Final Escolar de Bádminton para alumnos de 3º,4º e 5º, clasificados  na fase zonal de Bádminton, dita xornada terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui. O horario dos partidos será de 10:00h a 15:00h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio  e chandal do mesmo. Todos teremos que estar alí ás 9:45h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción por se fose do seu interese.

Tamén lles deixamos aquí o horario da xornada.

BENXAMÍN: MONTE ALOIA

Montañeiros Celtas de Vigo.

OPERACIÓN BENXAMÍN: MONTE ALOIA

12-13 maio.

 O Club Montañeiros Celtas de Vigo organiza os vindeiros días 12-13 de Maio, no Monte Aloia dúas xornadas de montaña para nenos.

 

DATAS: 12-13 maio
LUGAR: Monte Aloia
SAÍDA: sábado 12 maio ás 15:00 h
CHEGADA: domingo 13 maio ás 20:00 h

Sábado:
Chegada a parque do Monte Aloia. Charla e práctica de orientación en montaña. Visión de estrelas. Cea

Domingo:
Almorzo. Concurso de cociña. Charla sobre alimentación. recollida do refuxio

Os nenos e nenas interesados en participar atoparan máis información en: http://www.celtas.net/glg/index.php

 

 

Promoción de Futbol-sala

 Promoción de Futbol-sala

O pasado luns 17 de setembro, estivo con nós Xacobe do Club a Quinta Futsal de Tui, el falounos de Futbol sala, dos equipos tanto masculinos como femininos que teñen no seu clube. Tamén nos convidou a probar os adestramentos. Moitas grazas Xacobe.

 

 Promoting  Indoor football

Last Monday, September 17th, Xacobe from A Quinta Club was with us at Quinta Futsal de Tui, He talked about male and female teams that their club has. He also invited us to try the workouts. Thank you very much Xacobe.



by Dr. Radut