Skip to Content

Monthly archive

XOGOS POPULARES

OS XOGOS POPULARES

Mércores 24 e xoves 25 de  outubro

 O pasados xoves  25 e mércores 24 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos.

O mércores  foron os nenos de Ed. Infantil os que disfrutaron de xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria.

 

O xoves foron os alumnos de Ed. Primaria os que disfrutaron destes  xogos:  zancos,  carreira de carretillos, a chave, a rá, a petanca, a billarda, bolos celtas, a goma, os trompos, etc…

Rematamos a xornada coa tradicional baixada de carrilanas. Este ano contamos con 30  carrilanas, elaboradas con moito entusiasmo polos nenos e as súas familias, verdadeiras obras de arte. Moitas gracias por facer posible que os nenos de agora disfruten cos xoguetes de antes.

Taller de Saúde

Taller de Saúde.

O pasado martes día 20 de novembro de 2018, e seguindo coa formación para promover un estilo de vida saudable, tivemos na escola para toda a comunidade educativa un "Taller de Saúde" en horario de 17:00h-19:00h. 

Contamos coa colaboración do Doutor Dn. Eladio Eulogio Pardo. El abordou os seguientes aspectos sobre a importancia da saúde:

  • Hábitos de vida saudables. Actividade deportiva en familia, alimentación saudable, coidados, horas de sono, hixiene, etc.
  • Alimentación Saudable, equilibrada e ecolóxica. A importancia de una nutrición equilibrida, dieta, aporte enerxético en nenos e adultos,  comidas diarias ( Desaiuno, comida etc), a importancia das merendas ecolóxicas na escola.
  • Coidados. Primeiros Auxilios básicos. Maniobra de Heinlich, Epistaxis nasal, alerxías alimenticias, etc…

Tamén, estivo con nós a Fisioterapeuta Dna Mónica Martínez  que nos formou en:

  • Control Postural na escola, na casa, sentados. 
  • A mochila e cargas no lombo coo levar o peso.
  • Primeiros Auxilios Básicos. Traumas, contusións, etc...

e poidemos disfrutar dos bos consellos da Doutora Dna Laura Méndez especialista en odontoloxía:

  • Saúde bucodental, coidados, limpeza e importancia da mesma na saúde.

Os tres son pais/nais de alumnado do centro e foi unha satisfación aprender da súa experiencia e formación.

     
     

 

 

 

CALENDARIO DEPORTIVO EUROCIDADE

A Eurocidade Tui-Valença oferta unha trintena de actividades deportivas no seu calendario conxunto para 2018

 Aquí atoparedes o calendario detallado de todas as actividades.

O CB Tui Cadete Campión Galego. Liga 17-18.

 

O CB Tui Cadete Campión Galego.

Liga 17-18.

O pasado sábado 14 de abril de 2018, o equipo cadete do Club Baloncesto Tui, proclamouse Campión Galego da liga da tempada 17-18. Iste triunfo fase que obteñan o pase directo a xogar o Campionato de España por clubes que se xogará próximamente.

O nososparabéns a: Pau, Jens, Joel, Raul, Alejandro, Alberto, Antón, Lampón, Tilaye, Hugo, Girma, David, Xavi, Pablo, Jorge e coma non aoseu adestrador M.A.Simón e a todo o Club Baloncesto Tui polo gran traballo que están a levar a cabo.

 

TENIS DE MESA 17-18

Tenis de Mesa 17-18.

Final Provincial. 27 de Maio de 2018

       Pavillón Municipal de Romarigo  (Cangas)

O vindeiro,  domingo día 27 de Maio,  vai ter lugar a  Xornada Final Provincial da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de  9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón Municipal de Romarigo en Cangas. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 8:30h e a volta será a carón das 14:30h. Todos os participantes clasificados terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Cangas directamente terán que estar alí ás 9:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Deportes de aventura. Surf

Deportes de Aventura. Surf

O alumno Pedro Hermida de 4ºA, un gran aficcionado aos deportes de aventura, sobre todo ao Surf, quere compartir con nós unha imaxe inédita de este deporte na Praia América, coas Illas Cies de fondo. Este deporte podemos prácticalo na Praia de Patos, en Praia América, etc...Animádevos a probalo seguro que vos vai gustar.

 

Información facilitada pola familia de Pedro Hermida de 4ºA. Grazas

LÚA MANDA POSTAIS ÁS CLASES

Lúa envia postais aos nen@s do colexio

dende Europa.

 

Lúa,sends postcards to school children from Europe.

Lúa mandou postais a tódolas clases dende vaios países europeos. No reverso contaba que pronto volvería á biblioteca e que tiña moitas sorpresas.

Lúa sent postcards to all classes from several European countries. 
On the reverse side,he told us that he would soon return to the
library with many surprises.
 

Novas

É NOTICIA!

 

ADMISIÓN ALUMNADO 19-20

Publicada a listaxe definitiva no proceso de admisión

 

Menú de novembro

 

 

Solicitude COMEDOR para o curso 19-20

 

   Circulares informativas curso 2019-20

 

 

 

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO

ESCOLAR

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 19-20

- Publicada a Orde do 03-05-2019 que regula :

   Fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

   Adquisición de libros para 1º e 2º EP.

   Adquisición de material escolar para EP.

Descargue aquí a solicitude.

 

Listaxe de libros de texto 19-20

Número de teléfono: 886 12 00 57

Número de Fax: 886 12 00 58

 

PREME PARA COÑECER O NOSO CENTRO

 

Manuel Garrido Medalla ao mérito do Comité Olímpico Español.

Manuel Garrido Medalla ao mérito do

Comité Olímpico Español

O tudense Manu Garrido, canoísta do Kayak Tudense, recibiu a pasada fin de semana do 28 de xaneiro de 2018 a medalla do Comité Olímpico Español pola sua gran traxectoria deportiva.

A entrega tivo lugar en Madrid durante a gala da Federación Española de Piraguismo.

Manu cun gran palmarés deportivo, acadando na pasada temporada o subcampionato do mundo en Sudafrica e foi terceiro de Europa na especialidade de maratón.


Manu ademáis de un gran deportista e unha gran persoa, cuns valores entrañables, ao que o noso cole lle ten que agradecer a súa disposición para achegarse aos nosos alumnos cada vez que llo pedimos.Noraboa Manu!!

Gracias por levar a Tui polo mundo enteiro e gracias por aportarnos aos nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui tantos valores.

Podedes atopar máis información na súa web: http://manugarrido.es ou aquí

 

 



by Dr. Radut