Skip to Content

 

6º Educación Infantil

PARQUE DA AUGA

O alumando de Educación Infantil ao completo vistamos o parque da auga e pasámolo en grande. Preme na imaxe para comprobalo. 

OS ARLEQUÍNS DE PICASSO

Alguén de vós coñece o famoso cadro do "Arlequín" de Picasso? Pois os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha versión actualizada:

 

 

 

 

 

 

 

RECEITA DE MAGDALENAS

O luns na aula de 5 anos fixemos unhas ricas magdalenas. Aínda que pasamos unha mañá do máis divertida, o mellor de todo foi manchar a cara con fariña e probar o azucre!!

Deixámosvos a receita en video por si queredes facelas nestes días tan chuviosos. Premede na imaxe para descubrir a receita:

VISITA Á GRANXA ESCOLA KIRIKO

O pasado venres 12 de maio todo o alumnado de Educación Infantil visitamos a granxa escola Kiriko. Se premes na imaxe poderás ver o ben que o pasamos.

DÍA DA FAMILIA 2023

Hoxe, 15 de maio, celebramos o "Día da familia" e os nenos e nenas de 5 anos queríamos facervos un agasallo. Si queredes descubrilo, solo tedes que premer na imaxe:

 

VISITA DA PROTECTORA BIOSBARDOS

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos disfrutamos dunha actividade do máis especial: contamos coa visita da protectora "Biosbardos" e os peludiños NenaRoi. Pero a que non sabedes o mellor? Roi, o pequeno can salchica, era igualiño que o can de Picasso!!

Premede na imaxe para ver como o pasamos!

 

 

SAÍDA AO TEATRO AFUNDACIÓN

Hoxe as nenas e nenos de 5 anos tivemos a sorte de asistir á marabillosa función "Feo" no teatro de Afundación en Vigo. A través dunha adaptación do conto do "Patito Feo", a compañía Caramuxo Teatro recordounos que, aínda que todas as persoas somos diferentes, todos e todas somos especiais, independentemente da nosa apariencia física!!

Premendo na imaxe podedes gozar dunha pequena parte deste día tan divertido

 

PRIMEIRA SAÍDA AO PARQUE DA AUGA

O pasado mércores, os nenos e nenas de 5 anos fixemos a primeira saída ao parque da auga para aproveitar o solciño. Subimos e baixamos na tirolina, xogamos coa arena, columpiámonos e ata merendamos. Foi unha mañá moi divertida!!

Si queredes ver como o pasamos, premede na imaxe:

 

O PROXECTO DOS LINCES REMATOU

A piques de rematar o segundo trimestre, toca despedir o proxecto dos linces ibéricos. Despois de descubrir unha chea de cousas sobre estas fermosas criaturas e gozar coas novas aprendizaxes, toca facer un resumo do que fixemos nestes meses. Premede na imaxe para ver a sorpresa final! 

 

Aproveito para dar grazas ás familias que participáchedes por ser unha parte fundamental deste proxecto!

 

UNHA SEMANA CON 5º EP

O pasado luns 20 de marzo, día internacional da narración oral, os nenos e nenas de 5º de primaria organizaron un contacontos para nós. Pero non un contacontos calquera senón un teatrillo elaborado por eles mesmos!

 

 

 

Pero isto non foi todo, coa chegada da primavera puxémonos mans á obra coa nosa horta conxunta: aireamos a terra, fixemos buratos, plantamos as plantas... E pasamos un rato do máis divertido! Si queredes velo, premede na imaxe!

Grazas aos maiores de 5º por ser tan bos compañeiros/as, e especialmente á profe Silvia por organizar estes momentos tan enriquecedores!!

 

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut