Skip to Content

 

6º Educación Infantil

TODOS E TODAS CONTAMOS

O pasado martes os nenos e nenas de 6º de educación infantil tivemos a sorte de gozar da actividade "todos e todas contamos" organizada por Igual Arte en colaboración con AFundación. Primeiro disfrutamos dun contacontos e despois fixemos uns móbiles das diferentes familias que pode haber. 

Grazas a Igual Arte pola vosa labor e por facernos pasar un ratiño marabilloso!!

 

Premede na imaxe para ver como o pasamos:

 

VISITA Á BIBLIOTENDA

Os nenos e nenas de 5 anos visitamos este venres a bibliotenda por segunda vez!! Iamos cargados de biblioeuros que conseguimos por participar nas actividades do cole e por facer boas accións na aula. Aínda que foi difícil decidirse, marchamos para casa cargadiños de xoguetes, e algúns ata cuns biblioeuros de volta para aforralos!! 

ENTROIDO 2023 EN 5 ANOS

Este venres celebramos o entroido no cole: desfile de disfraces, merenda de doces típicos, queima do meco... Pasámolo en grande!!!

Premede na imaxe para ver todo o que fixemos:

Quería agradecer a tódalas familias por aportar uns doces feitos con tanto cariño para que os nenos e nenas compartisen co resto, sen a vosa colaboración isto non sería posible!

 

 

OBXECTIVO: UNHA MILLA DIARIA

A pasada semana comezamos cun novo proxecto no cole: facer unha milla diaria. Os nenos e nenas de 5 anos puxeron toda a súa enerxía e completárona con éxito tódolos días!!!

Aquí vai un pequeno resumo dun dos momentos máis esperados da mañá. Premede na imaxe para descubrilo:

 

 

AS NOSAS CARAS MÁIS COMESTIBLES

Hoxe na clase deixamos voar a nosa imaxinación e creamos as nosas caras con froitas.  Pasamos un ratiño moi divertido e delicioso!! Pero isto non foi todo, o mellor foi comelas!! 

Premede na imaxe para ver como o pasamos:

BO NADAL!!

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS!!

A BÚSQUEDA DO TESOURO PIRATA

O luns fixemos a que foi, seguramente, a misión máis especial deste primeiro trimestre: a búsqueda do tesouro pirata!! Fixemos equipos, interpretamos mapas, encontramos un cofre pirata... E ata comemos moedas de chocolate!!

Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

COAS MANS NA MASA

Hoxe no calendario de Nadal tiñamos unha misión moi especial: elaborar unha receta navideña. Non hai cousa que nos guste máis nesta clase que cociñar así que nos puxemos manos á obra.

Primeiro cortamos a masa con moldes de Nadal, logo engadímoslle os ingredientes e finalmente enfornámolas. E que non se nos esqueza o máis importante: comer as nosas pizzas navideñas!! Fáisenos a boca auga só de lembralo!

 

A CAIXA DA MIÑA VIDA

Este trimestre fixemos un proxecto do máis especial: presentámoslles aos nosos compañeiros e compañeiras as caixas dos nosos recordos. Trouxemos unha chea de fotos familiares, peluches especiais, xoguetes, chupetes e ata instrumentos musicais!! Se premedes na imaxe podedes ver un video resumo das nosas presentacións. 

Quería aproveitar para agareder a tóda-las familias que participáchedes neste proxecto, sen a vosa axuda este proxecto non sería posible. GRAZAS!

 

UNHA MAÑÁ 10 NA FUNDACIÓN SALES

Hoxe os nenos e nenas de infantil visitamos a Fundación Sales de Vigo. Alí plantamos repolos, estampamos flores nas teas, descubrimos unha chea de árbores no xardín botánico... Pasámolo en grande!

Se queredes ver como o pasamos, premede na imaxe e disfrutade con nós!

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut