Skip to Content

 

6º Educación Infantil

MASTERCLASS CO ALUMNADO DE 1º EP

Os nenos e nenas de 1º de E.P. voltaron a infantil o pasado venres 1 de decembro para darnos una masterclass de alimentación, máis concretamente a 6º EI B. Gracias "compis" por ensinarnos tanto!

OBRADOIRO DE MANUALIDADES ESPACIAIS 6º A

Na aula de 6º A fixemos unha manualidade espacial, un foguetes e ovnis. Eleximos material, cores, recortamos, pintamos, contamos, repasamos formas, fixemos series e sobre todo organizámonos en grupo para traballar en 2D e 3D. Mirade na foto que ben o pasamos.

SISTEMA SOLAR COMESTIBLE

Os nenos e nenas de 6º de infantil fixemos un obradoiro sobre o sistema solar, trouxemos froitas variadas, laranxas, plátanos, arándanos, mazás, amorodos, piña, melón, kiwi e uvas. Clasificámolas, contamos cantas temos, cores e tamaños. Cortamos a froita, e fixemos a maqueta do sistema solar por equipor e o remate , a comer!!!.

Preme na imaxe para ver o video.

 

XINCANA MATEMÁTICA

Esta semana na aula de 6º EI B tocou desfrutar das matemáticas de xeito colaborativo e moi divertido. Preme na imaxe para descubrir o ben que o pasaron e o ben que o fixeron.

OBRADOIRO DE MANUALIDADES ESPACIAIS

No obradoiro de hoxe tocou facer os nosos propios foguetes e tamén algún que outro OVNI. Pintar, recortar, medir, repasar as formas, facer series, decorar, traballar 2D e 3D... todo para obter os resultados finais que podedes ver na foto. QUE BEN TRABALLAN ESTES NENOS E NENAS!

OBRADOIRO DE COCIÑA

Achégase o Magosto, e o alumando de 6º EI xuntouse para levar a cabo un obradoiro de cociña no que as protagonistas foron as castañas. Pasáronno en grande e desfrutaron dunha mañá moi doce! Gracias ás familias por axudarnos aportando as castañas! Preme na imaxe para ver un resumo da nosa mañá.

DESCUBRIMOS A LÚA

Os nenos e nenas de 6º A de infantil estivemos investigando sobre a lúa, o seu movemento e  o cambio de forma o longo do mes . A nosa investigación foi a través de actividades manipulativas que tiveron o seu broche final hoxe cun obradoiro moi doce... preme na imaxe para ver que ben o pasamos!

 

QUE LLE ACONTECE Á LÚA?

Esta semana o alumnado de 6º B de EI estivemos investigando o motivo polo que a lúa cambia de forma ao longo do mes. A nosa investigación foi a través de actividades manipulativas que tiveron o seu broche final hoxe cun obradoiro moi doce... preme na imaxe para ver que ben o pasamos!

CANTARES MIUDIÑOS NA RADIO

Os nenos e nenas de 6º A de infantil visitamos a radio ,cantamos dúas cancións relacionadas co proxecto que estamos a traballar "O ESPACIO". Nos vindeiros días estará subido a web ,no apartado de radio ,as nosas cantigas. Mirade as fotos do ben que o pasamos.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º EI A CHEGAN A LÚA

Outro venres e... outro obradoiro. Esta semana tocounos chegar a Lúa, investigar un pouco sobre ela e sobre os astronautas, descubrir como se formaron os seus cráteres... Preme na imaxe para ver que ben o pasamos nestre obradoiro.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut