Skip to Content

 

6º Educación Infantil

O ALUMNADO DE 6º EI B CONQUISTA A LÚA

Outro venres e... outro obradoiro. Esta semana tocounos conquistar a Lúa, investigar un pouco sobre ela e sobre os astronautas, descubrir como se formaron os seus cráteres... Preme na imaxe para ver que ben o pasamos nestre obradoiro.

O UNIVERSO NUN BOTE

Hoxe o alumando de 6º EI desfrutamos dun obradoiro no que metemos o universo nun bote: auga, purpurina, estrelas, témperas, algodón... e pensar que o noso planeta é no espazo coma un puntiño de purpurina no bote que fixemos hoxe.

Aprender así é moito máis divertido!

Obradoiro do espacio

Hoxe fixemos un obradoiro do espacio por equipos, tinximos algodón, colocamos en capas nun bote e engadimos estrelas e purpurina. Canto experimentamos e que ben nos organizamos no noso equipo.

 

        

 

 

A LECTURA DEIXA PEGADA

Baixo o lema "A LECTURA DEIXA PEGADA", o alumando de 6º de EI A visitou o  4 de outubro a biblioteca do colexio para comezar a desfrutar do servizo de préstamo que levaremos a cabo tódolos mércores.. As súas caras falan por si soas.

 

A LECTURA DEIXA PEGADA

Baixo o lema "A LECTURA DEIXA PEGADA", o alumando de 6º de EI B visitou o 2 de outubro a biblioteca do colexio para comezar a desfrutar do servizo de préstamo que levaremos a cabo tódolos luns. As súas caras falan por si soas! 

CHEGA O OUTONO

Chegou o outono  e saimos a buscar froitos desta estación , follas, bellotas e sobre todo castañas, abrimos ourizos cos pes e collemos as castañas con moito coidadiño. Preme na imaxe para ver o video

 

 

 

SOMOS EQUIPO

Comezamos un novo curso, moitas ilusións , algunha cara nova e moitas ganas de aprender, divertirse e iniciar xuntos como equipo, unha nova aventura.

COMEZAMOS A NOVA AVENTURA ESPACIAL

O alumnado de 6º de EI B comezamos xa explorar o espazo adquirindo novos coñecementos e superando retos. Que comece a aventura de aprender!

3, 2, 1... DESPEGAMOS!

Benvidos e benvidas a un novo curso!! Comezamos o derradeiro ano de Educación Infantil e o alumnado de 6º B está xa listo para comezar un novo proxecto. Exploremos o espazo exterior! 

Agárdanos un ano cheo de experiencias e aprendizaxes!

 

POÑEMOS FIN AO PROXECTO DE PICASSO

Como sabedes, neste terceiro trimestre os nenos e nenas de 5 anos convertémonos en artistas picassianos: pintamos cadros, mesturamos cores, fixemos esculturas... Toda unha artistada!!

Se queredes ver como o pasamos, premede na imaxe!!

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut