Skip to Content

 

6º Educación Infantil

OBRADOIRO COA FAMILIA DE PABLO

O pasado venres 15 de marzo recibimos na clase a Silvia, a nai de Pablo, e con ela puidemos aprender sobre ciencia, maís concretamente, química. Nunca é demasiado cedo para calquera aprendizaxe sempre e cando estea plantexado para o nivel madurativo do alumnado, é neste caso, así foi. Moitísimas gracias Silvia!

Preme na imaxe para ver os 5 experimentos que levamos a cabo e o ben que o pasamos.

VISITA AO MUSEO DO MAR

O pasado venres os nenos e nenas de 5 anos tivemos a sorte de ir, xunto cos compañeiros/as de infantil, ao Museo do Mar. Alí descubrimos un montón de cousas da vida mariña e ata visitamos o acuario!! 

Si queredes ver o ben que o pasamos premede na imaxe.

 

OBRADOIRO DE TOPOGRAFÍA EN 6º A DE INFANTIL

Os pais de Lía, Sandra e Sergio, viñeron a aula a facer un obradoiro sobre o seu traballo de enxeñería topográfica, despois de explicarnos en que consistía o seu traballo fixeron un xogo e fomos enxeñeiros de distintos tipos e cada un de nos tivo que facer un material doa nosa especialidade. O rematar colocamos a nosa obra nun plano,Canto aprendemos e que ben o pasamos.  Moitas grazas papás.

 

GLOBOFLEXIA EN 6º A DE INFANTIL

Paula, nai de Gabriel, viu a aula a facer un obradoiro de globoflexia. Con moita pacicencia ensinounos a tocar e masaxear antes de modelar. Canto aprendemos e que bonitos modelos fixemos, mono, peixe, espada e ata un loro. Moitas grazas Paula que ben o pasamos. Preme na imaxe para ver o video.

PLANTAMOS EN 6º A INFANTIL

 

 Os nenos e nenas de 6º A de infantil plantamos sementes en botes de oigur, colocamos a terra, puxemos as sementes e regamos. Agora toca observar e esperar a que saian as plantas e trasplantalas a nosa horta. Preme na imaxe para ver o video.

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA PIRATA

O venres 23 de febreiro as dúas clases de 6º de Educación Infantil levamos a cabo un obradoiro de cociña pirata no que puxemos en práctica moitísimas destrezas matemáticas: 

- Organización do espazo e conceptos espaciais.

- Proporcionalidade.

- Formas xeométricas e o concepto diagonal.

- Comparacións (máis grande que, máis pequeno que)

- ...

Pero sobre todo divertímonos e desfrutamos dunha moi boa xoranada xuntos, que rematou cunha merenda moi creativa. Que divertido e sabroso é aprender!

Preme na imaxe para comprobalo.

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

Hoxe veu a aula Paloma, a nai de Anxo, a facer un obradoiro de papiroflexia, fixemos barcos de papel de diferentes tamaños e con diferentes papeis. A papiroflexia emprégase en matemáticas, xa que implica o uso de medidas e proporcións, tamén moitas das figuras creadas en papiroflexia son formas xeométricas. Axuda a desenvolver a motricidade fina e a coordinación man-ollo, o que pode ser beneficioso para mellorar a escritura e outras habilidades manuais, no día a día temos
moitísimas ocasións de reforzar as aprendizaxes básica que sustentarán os futuros aprendizaxes do alumnado. Aproveitémolas!
Que ben o pasamos e que bonitos barcos nos quedaron, grazas Paloma.

 

OBRADOIRO COA FAMILIA DE DAVID

Hoxe o alumando de 6º de Educación Infantil B puidemos desfrutar da visita da familia de David para levar a cabo un obradoiro do máis variado: preparamos unha merenda saudable (galletas de plátano e avena) e zume de laranxa (con laranxas da "casa da avoa") e practicamos ser camareiros e camareiras. Non vos podedes imaxinar a de destrezas que levamos a práctica: motricidade de dedos e mans, forza, equilibrio, fomentar o gusto por probar diferentes alimentos, a paciencia, secuencia de pasos a seguir, habilidades sociais de agarda á hora de merendar... no día a día temos moitísimas ocasións de reforzar as aprendizaxes básica que sustentarán os futuros aprendizaxes do alumnado. Aproveitémolas!

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

OS PIRATAS DE 6º E.I. B

O noso recuncho do proxecto este trimestre é do máis variado: crebacabezas, libros de consulta, contos, xogos de mesa, maquetas... e disfraces! Sen dúbida así meterenase de cheo no papel para aprender sobre os piratas!

GRACIAS FAMILIAS!

 

BO NADAL!

O alumando de 6º de E.I. xa decoramos a nosa árbore de Nadal todos xuntos, porque o mellor destas datas e compartir momentos xuntos. BO NADAL!

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut