Skip to Content

 

6º Educación Infantil

OBRADOIRO DE GALLETAS DE DINOSAURIOS

Os nenos e nenas de 6º de infantil xuntámonos para facer galletas de dinosaurios. Primeiro lavamos as mans, e comezamos. Pesamos a manteiga e o azucre, misturamos e botamos os ovos, usamos a batidora para que quede moi ben misturado, e pesamos a fariña, misturamos con coidadadiño e coas nosas mans amasamos e fixemos bolas. Gardámolas na neveira un ratiño mentre lavamos e recollemos todos os utensilios e xa co rodillo facemos a forma e con dinos poñémoslle a súa pegada, colocamos pepitas de chocolate e o forno. Que ricas, canto traballamos e que ben o pasamos. Preme na imaxe para ver o video.

OBRADOIRO COS PAIS DE MANU

A nosa aula viñeron os pais de Manu, Aranzazu e Cristian, fixeron un obradoiro de dinosaurios con pratos de cartón. Primeiro pintamos os pratos con témpera sólida, recortamos cabezas, patas e colas. Mirade que ben nos quedaron e como nos divertimos.

Preme na imaxe para ver o video.

OBRADOIROS DE PALEONTOLOXÍA EN 6º A

O venres 19 de abril fixemos tres  obradoiros sobre dinosaurios:

- No primeiro fixemos unha masa para fósiles con sal, fariña e auga; para facer a masa tivemos que medir e amasar.

- No segundo obradoiro metemos dinosaurios nun globo e enchémolos de auga para simular unha das causas polas que os dinosauros se extinguiron, o frío que reinou no planeta. Os nosos dinos quedaron no conxelador... a ver como os atopamos.

-E no terceiro  pintamos os nosos pes e estampamos as pegadas.

Que ben o pasamos e que maiores somos. Preme na imaxe para ver o video

 
 
 
 
 

 

 

UNHA MAÑÁ DO MÁIS COMPLETA

Apetécevos acompañarnos nunha parte da nosa mañá?

Preme na imaxe da escola e poderás ver os dous obradoiros que fixemos:

- No primeiro fixemos unha masa para fósiles con sal, fariña e auga; para facer a masa tivemos que medir e amasar.

- No segundo obardoiro metemos dinosaurios nun globo e enchémoos de auga para simular unha das causas polas que os dinosauros se extinguiron, o frío que reinou no planeta. Os nosos dinos quedaron no conxelador... a ver como os atopamos o luns...

Tamén desfrutamos da hora de ler dun xeito diferente... por primeira vez de xeito autónomo... Que maiores se fan!

PALEONTÓLOGOS TRABALLANDO

O alumnado de 6º de EI xa estamos traballando de pleno no noso proxecto, os DINOSAURIOS, e no grupo B fixemos un pequeno xogo no que tiñamos que practicar diferentes destrezas enfocadas no traballo dos paleontólogos: clasificar, contar, vocabulario de paleontoloxía, discriminación visual, traballo en equipo... e sobre todo traballar a autoxestión do tempo para ser capaces de pasar por todas as estacións de traballo sen que ninguén os guiase. Bo traballo rapazada!

OBRADOIRO DA NAI DE CLOE

Visitounos a nai de Cloe, Sonia, a facer un obradoiro para aprender a atar os cordóns. Pintamos o zapato, pegámolo no cartón, picamos os buratos e colocamos o cordón  e listo , a practicar. Preme na imaxe para ver o video.

 

SAÍDA A APÍPOLIS

Hoxe os nenos e nenas de infantil tivemos un día distinto pero moi moi divertido: fomos a Apípolis, a cidade das abellas! Alí fixemos unha vela con cera, preparamos galletas e ata visitamos o apiario vestidos como auténticos apicultores. 

Si queredes ver un resumo deste día marabilloso, premede na imaxe

OBRADOIRO DE BALONCESTO DO PAI DE CANDELA

 

 

Na aula de 6º A tivemos a visita de Fidel, pai de Candela, ensinounos o seu traballo, entrenador de baloncesto, e fixemos xogos cooperativos e en equipo. Traballar en equipo reforza nos nenos e nas nenas os vínculos sociais e mellora as súas habilidades para relacionarse cos demais, aumentando a empatía e a solidariedade. Ademais, axuda a desenvolver a súa intelixencia emocional e a forxar unha autoestima sa. Preme na imaxe para ver o video. 

OBRADOIRO COA FAMILIA DE LUCAS

O alumnado de 6º EI B rematamos o trimestre coa visita da familia de Lucas. A súa nai, Vanesa, leunos o conto "Isa trastos" para que dun xeito moi lúdico todos puidéramos descubrir a que se adican na empresa na que traballa: fan placas para axudar a cans e gatos cando se rompen algún oso e que así poidan seguir tendo unha boa vida. Ata puidemos ver unhas maquetas de como se coloca!

 

Despois uniuse ao obradoiro un membro máis da familia, o seu irmán Lucas, e axudounos a facer un can de papiroflexia. Pasámolo xenial. Moitísimas gracias familia!

Premede na imaxe para ver un pequeno resumo da actividade. 

FIN DO PROXECTO DOS PIRATAS

O xoves 21 de marzo o alumnado de 6º EI puxémoslle o broche final ao noso proxecto cunha divertida búsqueda do tesouro no que as dúas clases, A e B, traballamos de xeito colaborativo para lograr atopar o premio ao noso esforzo ao longo de todo o trimestre. Para poder chegar ao tesouro tivemos que superar varias probas moi variadas: mímica, lectura, sumar, organización espacial, escritura... Pasámolo xenial e desfrutamos moitísimo!

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut