Skip to Content

 

LIBRO: PALABRAS FESTAS ESCOLARES

 

Cada festa escolar idenifícase cunha serie de palabras coñecidas polos nosos nenos e polas nosas nenas. Coas palabras que cada clase escribiu nas diferentes siluetas, elaboramos un glosario que se pode ver en cada vídeo elaborado para cada festa e tamén neste libro que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca do centro.

 

 

 

 

 

 

 

Libro encadernado con tódalas siluetas que inclúe o noso glosario de cada festa.

 

 

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL CURSO 23-24

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

ALUMNADO MATRICULADO EN 3º E 4º DE EP NO CURSO 23-24.

(5º E 6º son cursos E-dixgal polo que están excluídos deste fondo solidario.) 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 1º e 2º DE EP no curso 23-24.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.  Todo o alumnado matriculado en Educación Primaria no curso 23-24

 

Para ter dereito a algunha das axudas a renda per cápita familiar debe ser igual ou inferior a 10.000€ (RENDA 2021. Suma das casiñas 435 + 460 dividido entre os membros computables da unidade famiiar, computando por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%)

 

DOCUMENTACIÓN IMPRESO ANEXO I e II (dispoñible nesta web, na aplicación Fondolibros e no centro educativo. 
Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (só no caso de non autorizar a consulta telemática dos datos)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica. 

Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2021 poderán acreditar a traves dos seguintes medios;

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regularor onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de defunción. 
Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN  ATA O 21 DE XUÑO DE 2023
FORMA DE PRESENTACIÓN
  • Preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros.
  • Presencialmente no centro educativo. (de 9:15 a 10 horas ou de 13:30 a 14:15 horas. )

 

Para MÁIS INFORMACIÓN preme en cada un dos seguintes enlaces:

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2023

PREME NA IMAXE PARA VER OS VÍDEOS

 

 

GALE E GALA VAN CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS

Gale e Gala van celebrar a súa festa favorita do curso, As Letras Galegas!!

Anuncian o Festival do colexio, que teremos o día 16 para celebrar esta data tan importante para Galicia. Tamén anuncian o noso certame litarario, Os Xogos Florais.

Gale, Gala e resto do equipo, aproveitan esta ocasión para despedirse dos compañeiros e compañeiras do colexio, xa que este é o seu último ano no centro.

* Moitas grazas nenos e nenas de Sexto, pola vosa colaboración en tódolos vídeos que realizamos durante o curso, sempre en apoio da nosa cultura, as nosas tradicións e a nosa lingua. Moita sorte na vindeira andaina!!

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

 

Co motivo do día das Letras Galegas e seguindo a tradición do colexio, o martes dia 16 de maio, ás 17:00 horas, realizaremos un festival con actuacións do alumnado dirixido as tódalas familias do centro.

Este ano, e para evitar os problemas de espazo sufridos en ocasións pasadas, o festival será realizado na discoteca QUEEN, que de xeito desinteresado nos prestará as súas instalacións.

 

  • O alumnado deberá estar no centro o día 16 de maio ás 16:15 horas. Será o profesorado do centro quen se encargue de acompañar a tódolos nenos e tódalas nenas ata QUEEN.

  • Non é preciso que recollades aos usuarios do comedor ese día. O persoal do centro farase cargo deles ás 16:15 horas (hora de finalización do servizo do comedor). Non haberá actividades extraescolares no centro.

  • Durante a realización do festival e ata o seu remate o alumnado permanecerá co seu grupo de clase xunto co profesorado na zona habilitada para tal fin, ata a finalización do mesmo.

  • As familias poderedes acceder a QUEEN minutos antes das 17:00 horas, momento no que comenzaran as actuacións.

  • Na páxina web do centro publicaranse vídeos e fotografías do festival (contamos coa autorización de tódalas familias do centro). Recordamos que as imaxes e gravacións captadas polos proxenitores son para uso persoal e será responsabilidade da persoa que obtivo as imaxes a súa correcta utilización.

  • IMPORTANTE: O alumnado será entregado ao remate do festival na porta principal da discoteca polo profesorado do centro aos pais/nais ou persoas autorizadas, do mesmo xeito que se fai no centro ao remate das clases.

  • Nos proximos días, en horario lectivo, o alumnado acompañado do profesorado achegarase ata Queen para realizar diversos ensaios.

 

 

A realización deste festival é a suma dos esforzos e ilusións tanto do alumnado como do profesorado , polo que esperamos contar coa presenza de tódalas as familias.

 

  

Esperámosvos a todos e todas o día 16 de maio ás 17:00 horas.

AXUDAS ALUMNADO

A partires do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023 estará aberto o prazo de presentación de solicitudes das Becas e Axudas para Alumnado con Necesidade de Apoio Educativo correspondentes ao curso 2023- 2024.

Podedes consultar o anuncio no seguinte enlace: https://www.boe.es/boe/dias/2023/04/26/pdfs/BOE-B-2023-12318.pdf

Como en anos anteriores a solicitudes deberase facer online no seguinte enlace accedendo ao servizo online:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html


ESCOLA DE NAIS E PAIS

Recordamos que o día 3 de maio ás 18:00 horas terá lugar a 2º charla da Escola de nais e pais no noso centro.

Esperámosvos a todos e a todas. 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

AVISO IMPORTANTE

 

CAMBIO DE DATA DA CHARLA DE ESCOLA DE NAIS E PAIS 

 

Por motivos alleos ao centro a charla da " Escola de nais e pais" prevista para mañá día 19 de abril, queda posposta para o mércores 3 de maio ás 18:00 horas. 

Sentimos as molestias. 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro 19 de abril ás 18:00 horas terá lugar a 2º charla da Escola de nais e pais no noso centro.

Esperámosvos a todos e a todas. 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut