Skip to Content

 

ENTROIDO 2024

Un ano máis celebramos o Entroido no Mestre Valverde Mayo e grazas á colaboración e participación de tod@s, foi espectacular!!

Con Xan Pereiro, O CHOQUEIRO como protagonista, achegámonos ao Entroido tradicional do barrio de Monte Alto, de A Coruña. O alumnado de 6º foi o encargado de dar a coñecer o máis característico destes personaxes entroideiros: OS CHOQUEIROS

Nesta ocasión,  a temática escollida para os disfraces e as comparsas foi A PUBLICIDADE, proxecto da Biblioteca do colexio para este curso, o que converteu ao Entroido 2024 nun  ENTROIDO DE ANUNCIO!! 

Desfrutamos da compañía dunha representación das mulleres usuarias do Centro das Escravas da Virxe Dolorosa. Encántanos poder contar coa vosa presenza!!

Agradecemos a todos e a todas a vosa participación e colaboración, sen ela nada sería igual!!

Agora convidámosvos a desfrutar do Entroido no Mestre Valverde Mayo premendo na imaxe!!

VIVA O ENTROIDO!!

 

 

 

 

AnexoTamaño
entroido-2024_Krt4pcAJ (1).mp4254.1 MB


        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut