Skip to Content

 

ENTROIDO

ENTROIDEAMOS!

O alumnado de 5º desfrutamos dun taller impartido por Ismael Pato, onde aprendimos moitas cousas relacionadas co ENTROIDO GALEGO e fixemos unhas carautas moi orixinais.

ENTROIDO 2024

Un ano máis celebramos o Entroido no Mestre Valverde Mayo e grazas á colaboración e participación de tod@s, foi espectacular!!

Con Xan Pereiro, O CHOQUEIRO como protagonista, achegámonos ao Entroido tradicional do barrio de Monte Alto, de A Coruña. O alumnado de 6º foi o encargado de dar a coñecer o máis característico destes personaxes entroideiros: OS CHOQUEIROS

Nesta ocasión,  a temática escollida para os disfraces e as comparsas foi A PUBLICIDADE, proxecto da Biblioteca do colexio para este curso, o que converteu ao Entroido 2024 nun  ENTROIDO DE ANUNCIO!! 

Desfrutamos da compañía dunha representación das mulleres usuarias do Centro das Escravas da Virxe Dolorosa. Encántanos poder contar coa vosa presenza!!

Agradecemos a todos e a todas a vosa participación e colaboración, sen ela nada sería igual!!

Agora convidámosvos a desfrutar do Entroido no Mestre Valverde Mayo premendo na imaxe!!

VIVA O ENTROIDO!!

 

 

 

 

ENTROIDO 2024

ENTROIDO NO MESTRE VALVERDE MAYO

 

 

 

ENTROIDO POLAR EN 2ºEP!

Bo día familias!

Nos últimos días celebramos o Entroido con todos vós, e non queremos deixar de compartirvos estas imaxes onde se pode observar ao alumnado de 2º gozando da troula e do seu disfrace.

O oso polar é un fermoso animal en perigo de extinción que habita en zonas de frío extremo, como o Círculo Polar, e os nenos e nenas de 2º quixeron rendirlle homenaxe! Ollade esas orelliñas e esas zarpiñas de peluche! Pero non vos deixedes enganar, os seus ruxidos infunden moito respecto!  

Agardamos que vos guste!

 

 

 

ENTROIDO 2023

ENTROIDO 2023!!

No CEIP MESTRE VALVERDE MAYO, celebramos o ENTROIDO ao grande!!

Houbo de todo: carautas, disfraces, sobremesas típicas de Carnaval, comparsas, desfile. música, queima do Meco... 

Foi todo un espectáculo que puido levarse a cabo grazas á colaboración da  ANPA e da súa xestión; da discoteca Queen, que compartiu o seu espazo exterior para que o noso desfile puidese lucir mellor; do servizo de Protección Civil do concello, que garantiu a seguridade durante o evento; das familias, sempre tan colaboradoras no que se lles propón; de Daniel, o noso súper conserxe e por suposto dos nosos nenos e das nosas nenas e de mestras e mestres, que o deron todo polo espectáculo.

A tod@s, moitas grazas!

Desfrutade do Entroido no Mestre Valverde Mayo premendo na imaxe!

PREGÓN DO ENTROIDO

PREME NO MECO PARA COÑECER O PREGÓN DO ENTROIDO

VIVA O MARDI GRAS!

Ola familias!

Que recordo máis bonito temos do noso entroido! Encantounos a "nosa viaxe a Francia" e disfrutamos creando os nosos complementos para o desfile.

Se queredes ver un poquiño da nosa festa, facede click na imaxe.

ENTROIDO GRIEGO 2022

Neste curso escolar 2021-22 as alumnas e alumnos de quinto de primaria, decidimos por unanimidade disfrazarnos de filósofos, deusas e deuses da antiga mitoloxía griega. Preme aquí para ver a presentación. Grazas a tódalas familias pola vosa colaboración.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut