A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

Complementarias

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E DO DÍA DA FAMILIA

No adxunto podedes ler a información relativa á celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) e do Día da Familia (15 de maio).

RETOS

Recóllense, a continuación, os retos que se van propoñendo dende as direfentes áreas.

Animámosvos a participar!

Podedes facernos chegar as vosas realizacións a través dos grupos de watsapp.

 

Ánimo!

 

  • RETOS EDUCACIÓN FÍSICA : 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Queremos comezar esta publicación dando as grazas a todas as familias que participastes nesta iniciativa, que fostes a práctica maioría.

O obxectivo era conmemorar o Día Internacional do Libro realizando unha montaxe na que os nenos desta comunidade educativa aparecesen lendo en lugares diversos, e acadouse sobradamente.

 

IMPORTANTE: RECOMPILACIÓN DO MATERIAL PARA O ALUMNADO NA AULA VIRTUAL

Co obxectivo de manter a páxina principal da nosa web "limpa" e operativa, todo o material que se foi publicando estes días recompilouse na Aula Virtual.

A continuación poderedes ver como acceder:

 

  • Na parte superior da páxina, xusto debaixo do logo, tedes o acceso á Aula Virtual.

 

INICIATIVA "APRENDEMOS EN CASA" DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Achegamos a comunicación efectuada no día de hoxe polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, informando da posta en funcionamento a partires deste luns de programación educativa dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 16 anos de idade, nas canles "La 2" e "Clan".

 

PREMEDE AQUÍ PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN.

ALGUNHAS LIGAZÓNS DE INTERESE PARA ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

Achegamos a continuación algunhas ligazóns que poden ser de interese para algún de vós. QUEREMOS FACER FINCAPÉ EN QUE TANTO ESTAS ACTIVIDADES, COMO AS QUE XA COLGAMOS CON ANTERIORIDADE, TEÑEN CARÁCTER DE TAREFAS DE REPASO, POLO QUE NON SON AVALIABLES.

O realmente importante é que as nenas e nenos vexan o menos alterada posible a súa vida, ao tempo que non se bote a perder o traballo realizado ata o momento.

ENTROIDO NO CEIP MARTAGONA

Este foi o noso entroido!

SAMAÍN 2019

Neste vídeo podedes ver algunha das creacións que o noso alumnado elaborou para conmemorar o Samaín deste ano. Grazas ao alumnado e familias pola vosa colaboración.

 

VISITA AO PARLAMENTO E Á XUNTA DE GALICIA

O pasado día 15 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria acudiu ao Parlamento e á Xunta de Galicia, co obxectivo de coñecer o funcionamento das Institucións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma.

 

 

CONCERTO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado mes de outubro, o alumnado de Primaria do noso centro presenciou na Biblioteca Municipal o espectáculo "Contos, Cores e Rock´n´Roll", da man de Pakolas e da ilustradora Laura Romero.

Powered by Drupal - Design by artinet