A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

Nós tamén creamos!

Como se fixo "A mellor sopa do mundo"

Unha vez rematada a curtametraxe de "A mellor sopa do mundo" aquí vos deixamos un resumo con todos os pasos que seguimos para a súa elaboración. 

Así se fixo: A mellor sopa do mundo

Estreo da curtametraxe "A mellor sopa do mundo"

A nosa curtametraxe foi publicada na canle da CRTVG!!

Noraboa polo seu traballo ao alumnado de 6º de Educación Infantil. Sen dúbida a vosa imaxinación e ilusión tiveron a súa recompensa.

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-mellor-sopa-do-mundo-do...

 

O noso libro!

Ademais de todo o que fomos ensinando, os nosos nenos e nenas de 6º de EI tamén fixeron o seu libro baseado na historia de Susanna Issern. Deixámosvos un enlace para que vexades que chulo nos quedou. Esperamos que vos guste!

A mellor sopa do mundo

A mellor sopa do mundo - The best soup in the world"

Ademais de facer a nosa curta, os nosos nenos e nenas coa axuda  da titora e da mestra de inglés fixeron un mural cos nomes dos nosos protagonistas  nas diferentes linguas: galego, castelán e inglés. Deixávosmos un vídeo e unhas fotos de todo o proceso e do resultado final. 

A gran estrea

Aproveitando o Día do Libro, o alumnado de 5 anos presentou a súa curta ao resto do alumnado do cole! Deixámosvos unha mostra do atentos que estaban vendo A MELLOR SOPA DO MUNDO!!

REMATAMOS!!

Así de contentos quedaron os nosos nenos e nenas ao rematar de animar e poñerlle sons aos protagonistas da nosa curta. En poucos días veremos o resultado final!!!

Poñendo o son!

Os nosos protagonistas estiveron hoxe de leria, co micro e con moitas ganas puxémoslle voz aos animais da nosa historia. Deixámosvos unhas fotiños  para que vexades o  ben que o pasamos gravando...

Animación coa técnica stop-motion

Para a realización da curtametraxe "A mellor sopa do mundo" imos empregar a técnica stop-motion, que consiste en realizar fotos dun mesmo obxecto de xeito sucesivo, simulando o seu movemento. 

Xa comezamos a facer probar para ver en qué consiste esta técncia. Sen dúbida é algo sorprendente ver coma os personaxes se moven... pero nós xa sabemos o truco! 

 

Decorados

Levamos días creando os decorados onde faremos a nosa historia, deixámosvos unhas fotos de todo o que fixemos...

O guión gráfico

Xa temos os nosos personaxes listos e tamén temos a nosa curta na mente, así que comezamos a crear o "storyboard" (guión gráfico), nel recollemos as secuencias, os escenarios e os personaxes,...en resumo, a base para o noso traballo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet