A nosa benvida ao ceip Martagona!
A nosa benvida ao ceip Martagona!
Celebramos este importante día, 8 de marzo, elaborando varios carteis para conmemorar e destacar o gran valor da muller na sociedade.
Ao longo desta semana, as nenas e nenos do noso colexio cumpriron cos mandados do Meco; no día de hoxe, puideron vir ao centro co difrace que elas e eles quixesen. No seguinte vídeo, podedes ver unha pequena mostra.
Podedes atopar, a continuación, unha presentación en "Genially" onde o equipo de Educación Infantil recolleu algunhas suxerencias de lecturas e cancións para este Nadal. Recomendamos que exploredes o recurso ata o final, pois hai algunha sorpresa.
Aproveitamos para desexarvos unhas boas e saudables festas!
Este ano non foi posible celebrar o Samaín como de costume, por mor das restriccións debido á pandemia que estamos a padecer. Aínda así, realizáronse algunhas actividades a nivel de aula. No seguinte vídeo podedes ver como o celebraron as nenas e nenos de Educación Infantil.
Con motivo da celebración do Día da Familia, decidimos facerlle unha pequena homenaxe ás familias do noso alumnado. Nenas e nenos escribiron, e debuxaron, o que era para elas e eles a súa familia.
Grazas, Yolanda pola montaxe, e grazas a todos pola vosa participación.
Feliz día da Familia!
No adxunto podedes ler a información relativa á celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) e do Día da Familia (15 de maio).
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |