A nosa benvida ao ceip Martagona!
A nosa benvida ao ceip Martagona!
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022
Ábrese o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
ASPECTOS A TER EN CONTA PARA INICIAR O PROCESO:
aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado.
Secretaría un certificado de matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.
LEXISLACIÓN APLICABLE |
|
Ábrese o prazo para a reserva de praza do alumnado que cambia de etapa educativa e pretende continuar os seus estudos no centro de adscrición (IES de Melide, no noso caso).
No caso de facelo pola vía telemática, deberá seguir a seguinte ruta:
SOLICITUDES>RESERVA DE PRAZAS>CREAR SOLICITUDE DE RESERVA
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos.
LEXISLACIÓN APLICABLE |
|
Con este bonito mural elaborado por Marga, a profe de Relixión Católica, queremos desexarvos felices e saudables festas e un próspero ano novo.
Como ben sabedes, a Consellería vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería, e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedementos ED330E). DOG nº 230, do venres 13 de novembro de 2020.
ALUMNADO DESTINATARIO:
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia (do 14 ao 26 de novembro de 2020, ambos incluídos).
FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Presentarase UNICAMENTE DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO.
Tal e como recolle o noso protocolo de adaptación á situación COVID-19, creáronse para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria aulas virtuais que serán utilizadas no caso de ter que voltar ao ensino non presencial ou semi presencial.
Cada un dos alumnos destes grupos ten creado un usuario na mesma, que será facilitado ás familias e nenos nos próximos días. Con respecto aos contrasinais de cada unha das contas, o sistema crea, por defecto, a seguinte para todos os usuarios, que é changeme (cámbiame en Inglés).
Quere isto dicir que a primeira vez que accedamos co noso usuario deberemos, obrigatoriamente, cambiar o contrasinal mediante un sinxelo formulario.
Unha vez realizado este paso o contrasinal a utilizar será o definido polo usuario. Recoméndase apuntalo. Se algunha vez se esquecera, deberíase contactar co Centro para que o administrador da Aula Virtual procedera a restauralo.
Achégase, a continuación, un pequeno video titorial no que se explica este primeiro acceso e cambio de contrasinal.
Achégase o Plan de Continxencia do Ceip Martagona, no que se recollen, entre outros aspectos, as accións que se levarán a cabo no caso de confinamento total ou parcial, os horarios que se seguirán...
Achégase o Programa de Acollida do Centro, aprobado en sesión extraordinaria de Consello Escolar no día de hoxe (PREMER AQUÍ PARA ACCEDER). Trátase dun documento que resume brevemente o Plan de Adaptación á situación COVID, xa publicado nesta web, así como as accións formativas que se levarán a cabo para mellorar a competencia dixital do alumnado e a atención aos asapectos emocionais.
En calquera caso, o documento de referencia no que se recollen polo miúdo todos os aspectos de organización do centro no que se rerfire a esta situación será o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19, xa publicado días atrás (PREMER AQUÍ PARA ACCEDER).
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |