A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

Proxecto de Vida Activa e Deportiva

Carreira Campo a Través

 

O pasado venres día 1 de decembro o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de primaria desprazouse ata a área recreativa da Magdalena en Castrofeito - O Pino participando na modalidade Xogade (campo a través) dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

Unha xornada de convivencia compartindo experiencias con outros centros, e sobre todo, unha xornada lúdica co deporte como protagonista.

 

Noraboa a todas e todos!

 

Presiona na seguinte imaxe para ver un pequeno resumo dese día.

 

 

 

Galardón "Selo Vida Saudable"

O alumnado do noso centro acaba de ser galardoado co distintivo de calidade de centros docentes "Selo Vida Saudable". Este é un premio nacional que outorga un recoñecemento público aos centros que fomentan a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a dinamización de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenrolo persoal e social ao largo da escolarización dos alumnos/as.

Dende o centro, gustaríanos que o ALUMNADO fose coñecedor de que o seu esforzo foi recompensado, agradecendo a participación de toda a comunidade educativa no citado proxecto educativo.

A validez da concesión do distintivo «SELLO VIDA SAUDABLE» a un centro docente estenderase con carácter indefinido sempre que por parte dos devanditos centros mantéñase o cumprimento das condicións e requisitos que deron lugar á súa concesión.

Como centro debemos asumir os seguintes compromisos:

  • Expoñer na súa sede e locais o distintivo concedido ao centro docente.
  • Utilizar o selo na documentación propia do centro docente, así como, no seu caso, nas súas relacións comerciais e publicitarias, atendendo ao cumprimento da normativa aplicable, en particular, en materia de publicidade. 

Mes saudable

Dende o centro tratamos de fomentar a práctica de actividade física dentro duns parámetros educativos, polo que este mes de xuño levamos a cabo noso “mes saudable”.

Para iso, as actividades propostas foron as seguintes:

  • Xornada de convivencia en Sobrado entre o CEIP Plurilingüe Virxe do Portal e o noso centro. Pódese consultar a información premendo AQUÍ enriba.
  • Ligas internas entre o alumnado de primaria, intentando aportar estratexias deportivas durante os recreos. Premendo enriba da imaxe terás acceso a galería de imaxes.

  • Xornada de inchables: o alumnado do centro desfrutou dunha xornada lúdica no polideportivo municipal. Organizouse a actividade en dúas quendas: 10 – 11:30 h (Educación Infantil, 1º e 2º); 11:30 – 13:00 h (3º, 4º, 5º e 6º). Premendo enriba da imaxe terás acceso a galería de imaxes.

  • Break Out Educativo: o alumnado de primaria tivo unha sesión de Educación Física ambientada nun núcleo temático.

 

Convivencia en Sobrado

Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutou da xornada de convivencia en Sobrado; entre o CEIP Plurilingüe Virxe do Portal e o noso centro, sendo o principal obxectivo o fomento da práctica de actividade física.

O alumnado saíu ás 09:45 dende o noso centro, para que a xornada puidera comezar ás 10:30 h, tal e como estaba previsto. Unha vez alí, a xornada organizouse en dúas partes na que o alumnado se dividiu en 14 equipos mixtos. Por un lado, unha zona de deportes colectivos e alternativos (tchoukball, pickleball, floorball e netball), onde cada centro era experto en dous deses deportes, explicándolle ao resto dos compañeiros/as o regulamento principal.

Por outro lado, tiveron que unha serie de retos deportivos onde puxeron en funcionamento as súas habilidades deportivas, tentando superalos para descifrar un contrasinal que lles daría acceso a unha recompensa deliciosa.

Premendo enriba da seguinte imaxe poderás consultar a galería de fotografías da xornada.

 

CORREMELIDE

O 19 de maio celebrouse o CORREMELIDE, destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Foi una xornada que tivo como finalizade a dinamización da lingua galega a través da práctica deportiva

Achegamos a organización da xornada:

Ademais disto, o alumnado dos diferentes centros puido desfrutar de xogos populares e tradicionais.

 

Dance Revolution

Neste semana comezamos coa dinámica de "Dance Revolution", para a cal achegamos as fichas cos diferentes pasos para que poidades practicar na casa con familiares e incluso amigos/as.

Enlace fichas (Preme AQUÍ)

Enlace pistas musicais (Preme AQUí)

Como xa sabedes, podedes mandar mostras do voso traballo á seguinte dirección de correo electrónico: ticsmartagona@gmail.com

Esperamos que o pasedes moi ben e, sobre todo, que coidemos todos e todas o noso corpo.

Probas DAFIS

A participación no Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) fomenta que o centro estea incluído na sub-modalidade DAFIS, a cal consiste na aplicación dunha batería de probas psicomotores que serven para determinar unha valoración física.

Preme AQUÍ para ver as imaxes dese día.

Coa publicación da nova guía (publicada este 2023) podemos determinar o nivel de saúde do que dispón cada alumno/a, e para iso, o alumnado de 5º e 6º actuaron como docentes por un día, sendo os/as encargados/as de valorar aos niveles de 1º e 2º.

 Unha organización levada a cabo con toda a profesionalidade posible. Parabéns polo esforzo!

 

Xornada de convivencia

Os CEIPs de Melide decidimos organizar unha xornada de convivencia para o alumnado de 5º e 6º, co obxectivo de desfrutar de actividades de cooperación, aproveitando tamén para coñecer a diferentes compañeiros/as.

A xornada comezou ás 10:00 h, facendo unha pequena pausa para merendar ás 11:15 h e rematando ás 13:45 h

O alumnado estaba dividido en 10 grupos internivel (os 3 centros mesturados). Foron pasando polas diferentes actividades propostas dende os centros, coñecendo como traballan a materia de Educación Física os diferentes mestres, tendo todo tipo de experiencias.

Unha xornada que de seguro repetiremos en vindeiras ocasións.

 

Carreira solidaria

Este 30 de xaneiro, Día da Paz, o alumnado do noso centro aproveitou para facer exercicio físico nunha carreira de carácter solidario, a cal tamén serviu para colaborar coa asociación “Unoentrecienmil”, a cal ten como obxectivo principal a loita constante contra a leucemia infantil.

Agradecer ao GRUPO JIM SPORTS pola cesión do arco de saída, e a todos os pais e nais que axudaron a cortar o tráfico para que se puidera levar a cabo a carreira con seguridade. Unha vez máis, moitas grazas a ANPA do centro pola súa colaboración.

 

 

Dinámica de patios

Ao longo do mes de decembro púxose en marcha unha dinámica de actividades lúdicas para dalgún xeito, darlle utilidade ao espazo do soportal. Habilitouse unha zona interior para aquelas situacións que precisan dun entorno máis cálido.

No 2º trimestre comezaremos coas actividades de exterior, sempre que a climatoloxía sexa favorable.

Achegamos algunhas imaxes

          

Powered by Drupal - Design by artinet