A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

Día do Libro

O día 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. Visita á biblioteca pública, contacontos, apadriñamentos lectores... No Martagona sempre activos!

 

 

 

 

 

Admisión 2024-2025

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso académico 2024-2025.

Prazo: do 1 ao 20 de marzo

 

 

Pinchando nas imaxes inferiores accederase a toda a información.

 

   

            

 

 

 

 

 

La Voz de la Verdad. XV concurso de tarxetas de nadal

Este ano o concurso de tarxetas de nadal organizado pola Voz de la Verdad, tivo un claro favorito, como non podía ser doutro xeito, o Ceip Martagona, con varios premiado. Noraboa!!

 

Clica na imaxe

 

 

Día de Rosalía de Castro

Este 23 de febreiro celebramos no CEIP Martagona o día de Rosalía de Castro, un día de xuntanza para rememorar unha das ilustres da nosa terra.

 

Visita a SOGAMA

Visita á planta de reciclaxe de Sogama para ver o tratamento final dos residuos.

Continuamos coa labor iniciada sobre a reciclaxe.

 

 

 

 

O ENTROIDO

Outro ano máis onde o entroido non pasa desapercibido no CEIP Martagona!!

Aínda que o celebramos o día 9 de febreiro... durante toda esa semana algo xa se estaba a mover dentro de nós.

Un anaquiño desa semana tan xenial que tivemos... Graciñas a todas e todos por participar.

 

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Este día 30 de xaneiro no CEIP Martagona conmemoramos o día escolar da non violencia e da paz, e como non podía ser doutro xeito, fixémolo poñendo en valor precisamente o que a través desta conmemoración se quere traballar, a convivencia, solidariedade, cooperación... de toda a comunidade educativa. Unha xornada que non vos podedes perder!

 

 

 

Reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para o IES de Melide

Reserva de praza para o IES

O alumnado de 6º que desexe reservar praza para cursar os seus estudos no IES de Melide o vindeiro curso académico poderao facer desde o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro (ambos os dous incluídos).

A reserva de praza efectuarana as familias cubrindo o ANEXO I e entregándoo despois na Secretaría do noso Centro. Tamén a poderá traer cuberta o propio alumnado na carpeta que se lles proporciona coa documentación.

Pinchando nos enlaces que van a continuación accederán á descarga do Anexo.

En galego / En castelán

Tamén poderán facer a solicitude de reserva de xeito telemático a través da aplicación admisiónalumnado no menú Solicitudes > Admisión > Crear

Nadal no Martagona

Chegou decembro e o tan agardado Nadal. No Martagona colaborou toda a comunidade educativa para facer destas datas un momento moi especial, e dende logo que o conseguimos!

 

Preme na imaxe para ver

25 N

O pasado día 25 de novembro o CEIP Martagona xuntouse para conmemorar este día, entre todos quixemos facer máis visible e poñer da nosa parte para conseguir erradicar todo tipo de violencia.

 

Preme na imaxe para ver

Powered by Drupal - Design by artinet