CONCERTO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado mes de outubro, o alumnado de Primaria do noso centro presenciou na Biblioteca Municipal o espectáculo "Contos, Cores e Rock´n´Roll", da man de Pakolas e da ilustradora Laura Romero.

O músico interpretou algún dos seus éxitos, mentres que Laura pintaba sobre un lenzo en branco ilustracións relacionadas co tema que estaba a soar.

As nenas e nenos bailaron e cantaron ao son da música.

Grazas á Biblioteca Municipal por nos ter convidado!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet